[Actividade recente]

UN PASEO POR RIANXO

PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES DA EXCURSIÓN

A piques de rematar xa o trimestre e para relaxarnos despois de tantos exames, o alumnado de 3º e 4º ESO coordinado polo EDL fomos hoxe ata a vila veciña de Rianxo.

ACTIVIDADE DO EDL

OS NOSOS DESEXOS PARA O 2015 
 
 
 
 

Panxoliña de Nadal e photocall co Apalpador.

@s nen@s de 3º A estamos traballando arreo para preparar a panxoliña que imos representar no festival de Nadal. Como este ano temos un Proxecto Documental Integrado adicado o mar eleximos unha panxoliña titulada "Belén en el fondo del mar". Podedes ver o noso traballo no seguinte enlace:

Educación en igualdade

Hoxe os nenos e nenas de 6ºB participamos nun obradoiro organizado dende o Equipo de Orientación sobre a igualdade entre homes e mulleres. Gustonos moito e participamos con moito entusiasmo.

Premio ao Proxecto Interdisciplinar"Os xogos"

O CPI Cernadas de Castro ven de ser galardonado  no Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar polo Proxecto "Os xogos" realizado o curso pasado baixo a coordinación da responsable da biblioteca Dona Mª Jesús Rodríguez , coa colaboración das profesoras Dona Isabel Macias e Dona Maria García e coa participación dos  alumnos e alumnas de 1º ESO. Para todos eles os nosos parabéns!

Videoconferencia "A ciencia da programación de ordenadores(tamén en galego)"

O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu co profesor de Tecnoloxía  Fran del Río e coa profesora de Matemáticas Pilar Cobas á videoconferencia emitida dende a Universidade de Vigo "A ciencia da programación de ordenadores" impartida polo relator Don Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría de Telecomunicaión na Universidade de Vigo.

Cociña de terror...

Con motivo da celebración do Samaín os nenos e nenas da clase de 3ºA realizamos un taller de cociña de medo. Elaboramos "Plátanos pantasma" e "cabazas laranxa". Pasámolo de medo seguindo os pasos das nosas receitas e disfrutamos dunha merenda saudable.


Despois de merendar escribimos as receitas no noso caderno para poder facelas outro día na casa.

MAGOSTO E SAMAÍN

   Se vos apetece ver a gran festa que organizamos polo magosto e a estupenda exposición de cabazas e produtos do outono, clicada na foto e iredes directamente.

Distribuir contido