[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

A ENQUISA.O RATO TAMÉN OPINA

Cando se repartiron as enquisas sobre a lingua, as nenas e nenos de infantil B quixeron saber se ese papel era outra vez a autorización para a excursión a Cerceda que a ANPA vai levar a cabo nos vindeiros días. Cando Ana  dixo que non que era unha folla onde se lles facían preguntas as familias.<>Preguntas de que? dixeron os nenos e nenas<">Ana entón preguntou se quería que llela lera.<>O interese estaba claro e Ana comezou a ler:>Cal é a lingua na que aprendestes á falar?<>Daniela abriu a boca e sinalando co dedo dixo: ezta, cal vi sed?<">Entón Ana aclaroulles que se refería a se aprenderan a falar en galego ou en castelán. <">Foi moi curioso ver que varios nenos e nenas mantiñan a tese que Pablo explicou como: Cando era pequeno falaba en castelán pero agora aprendín a falar en tamén en galego.;">David explicou outra tese seguida por moitos/as: Eu falo en galego e se quero podo falar en castelán.<">Outros/as aseguraban falar nas dúas, na casa case que sempre castelán e na escola sempre en galego. <">Había un par de casos (un deles un neno chegado de fora de Galicia) nos que recoñecían que aínda tiñan algunhas dificultades para falar en galego pero que entendían todo.<;">Na pregunta de en que falaban cos seus pais e nais había distintas opcións que tampouco supoñían un problema.<;">Na pregunta de que en que lingua querían aprender a ler e a escribir a resposta foi unánime sen posibilidade de discusión: EN GALEGO<;">Eu, que non son máis ca un rato pensei que era unha mágoa non ter unha cámara para gravar a situación e enviala a quen corresponda tomar decisións sobre a lingua.<;">Tamén pensei que algo se debe estar facendo ben cando as nenas e nenos saen desta aula con competencia e respecto adquirido nas dúas linguas, sen importar cal é a<;"> que falan na casa.<;">Será que como son un rato non entendo moito destas cousas pero se cadra hai persoas moi importantes que nunca tiveron a ocasión de ver o que sucede na realidade de cada día nas aulas onde se fai un traballo en serio e por iso é que unicamente ven conflictos onde non os hai.<">Tamén pensei que as nenas e nenos pequenos son moi pero que moi intelixentes e absorben pola pel o que é verdadeiramente importante.