[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

O PEN DRIVE

Neste terceiro trimestre, as nenas e nenos de Infantil B estamos a desenvolver un proxceto  sobre os volcáns. Na primeira fase dese traballo as familias recibiron unha carta que as invitaba a investigar cos seus fillos e fillas onde atopar información sobre o tema. O resultado foi extraordinario porque case que todos os nenos e nenas aportaron cousas: revistas, fotocopias, libros, dvds, información baixada da internet, etc.

Hai que destacar dúas achegas que mereceron a miña atención:

Un neno trouxo un debuxo feito pola súa nai a bolígrafo e coloreado por el, que copiaron "dun libro moi gordo que hai na casa quehai moitos iguais". Ese debuxo estaba feito nun cartón branco, e no reverso do mesmo había un resumo feito pola nai do neno da información que recolleu no libro, expresada coas súas propias palabras. O debuxo amosaba un corte dun volcán e o rapaz era quen de explicalo con todo detalle. Entrañable!

Outro neno foi a unha biblioteca co seu pai e súa nai a buscar algún libro que tratara o tema. Sabía que o libro tiña unha marca na que figuraba a data de devolución. Era quen de atopar as páxinas pertinentes, etc. Como non lle debía parecer suficiente, pasados uns días e vendo que outros/as compañeiros/as tamén traían cousas, nun momento asegurou:

- Eu vou traer un pen drive.

Houbo preguntas sobre que era eso do pen drive e a explicación foi:

-Un aparatiño pequeno que se engancha no ordenador e metes alí o que queiras dese ordenador e así podes levalo a outro.

Efectivamente apareceu con información nun pen drive e copiámola no ordenador da aula.

Ana estaba encantada porque o pen drive pasou a ser un obxecto significativo para eles/as e ademais parecía que entenderan o seu uso.

Curiosamente, outro neno, aos poucos días apareceu con outro pen drive. Ana meteuno no ordenador pero alí o único que había era uns arquivos de excel. O neno sorprendeuse de que non tivera fotos de volcáns, nin letras, nin nada entendible.

-Mi padre me dijo que podía traerlo.

 Ás veces parecemos estar seguros de que ven e entenden e efectivamente ven e entende pero non o que nós parecemos estar seguros.