Polo creativo
CREATING AUDIO BOOKS
O alumnado de quinto de primaria gravou audios de libros de lectura en inglés para os máis pequenos. Os lectores poden acceder ao audio dende a súa casa grazas a un código QR pegado na portada do libro.
EXPERIMENTAMOS CO SAL PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
NEW ENGLISH PROJECT
Segundo proxecto da área de lingua inglesa en primeiro ciclo da ESO.
Nesta ocasión o alumnado de 1° de ESO nos abre as portas das súas casas e nos presenta ás súas mascotas.
Perfeccionamos o uso e manexo da ferramenta dixital en deseño de carteis e pósters resolvendo dúbidas a través de formación realizada polo propio alumnado especialista e dirixida ó resto da clase. Superamos os medos no seu uso,familiarizámonos con esta ferramenta e incrementamos o nivel de dificultade no deseño de carteis.
Por outra banda reforzamos os distintos pasos á hora de enfrentarnos a un writing descriptivo e incorporamos novas estructuras e conectores de máis dificultade e nivel lingüístico.
Aprender sobre proxectos en torno ós seus centros de interese estimula ó alumnado incrementando o seu disfrute e participación.
Disfruten das súas adorables mascotas!
TRABALLAMOS CON ROD CAMPBELL
En 6º de EI fixemos unha unidade didáctica sobre o conto "Dear Zoo" de Rod Campbell. Aprendemos moito vocabulario e estruturas en inglés pero tamén reflexionamos sobre o coidado dos animais de compañía e sobre as súas necesidades, que deben prevalecer sobre os nosos caprichos. Utiliza o QR para escoitar o conto contado por nós! Preme no enlace para ver os materiais.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/aulavirtual/course/view.php?id=296