Polo creativo

HISTORIAS NO KAMISHIBAI

Diseño

O día 18 de xuño, o alumnado de 1º e 2º da primaria recibiu unha visita sorpresa de parte do alumnado de 1º da ESO. Visitáronos dous grupos de traballo seleccionados pola calidade do seu proxecto "historias no kamishibai". Un dos proxectos analizou unha narración da mitoloxía da antiga Grecia, mentres que o outro trataba de diferentes aspectos sobre o antigo Exipto. Expuxérono empregando os kamishibai que previamente elaboraran coa profesora Mónica, na materia de tecnoloxía.

VISITA AOS MUSEOS DA ROMANIZACIÓN

O mércores 12 de xuño, o alumnado de 2º da ESO tivo a oportunidade de aprender sobre a romanización visitando diferentes museos e monumentos da cidade de Lugo. Visitamos a Sala de Exposicións Porta Miñá, a Domus do Mitreo, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus Oceani, así como observando en directo a propia muralla romana, única no mundo desta época que conserva o seu perímetro completo. Fixémolo con disfraces realizados no centro co material de Polos Creativos.

USO DE TABLETS DE POLOS CREATIVOS NA AULA MAKER

Entre o material pertencente aos Polos Creativos, dispoñemos de 6 tablets que se poden empregar para traballos específicos das diferentes materias para todo o alumnado, ou para os tempos de lecer na chamada aula maker, baixo a supervisión da profesora de garda. No mundo actual, a alfabetización dixital é imprescindible, e ademais, os videoxogos empregados con supervisión e control, inclúen beneficios como o desenvolvemento da atención, a creatividade, a memoria, os idiomas ou o traballo en equipo. Os videoxogos poden axilizar a capacidade de lidiar con imprevistos ao plantexar problemas e establecer un tempo para resolvelos. Tamén poden ser empregados con fines máis específicos en alumnado con necesidades educativas especiais, como traballar a motricidade fina, habilidades comunicativas, etc.

Distribuir contenido