USO DE TABLETS DE POLOS CREATIVOS NA AULA MAKER

Entre o material pertencente aos Polos Creativos, dispoñemos de 6 tablets que se poden empregar para traballos específicos das diferentes materias para todo o alumnado, ou para os tempos de lecer na chamada aula maker, baixo a supervisión da profesora de garda. No mundo actual, a alfabetización dixital é imprescindible, e ademais, os videoxogos empregados con supervisión e control, inclúen beneficios como o desenvolvemento da atención, a creatividade, a memoria, os idiomas ou o traballo en equipo. Os videoxogos poden axilizar a capacidade de lidiar con imprevistos ao plantexar problemas e establecer un tempo para resolvelos. Tamén poden ser empregados con fines máis específicos en alumnado con necesidades educativas especiais, como traballar a motricidade fina, habilidades comunicativas, etc.