Polo creativo
YOUTH CLUBS: CLUBES DE ACTIVIDADOS CREADOS POR 6º DE PRIMARIA. E TI CAL ELIXIRÍAS?
Youth _clubs_2023/24 de Isabel Pérez García
ENGLISH,TIC, DIVERSIDADE E MULTICULTURALIDADE
O departamento de inglés adica esta semana a traballar sobre a temática de nadal.
A nosa auxiliar de conversa,Ritu Chopra deseñou un divertido kahoot donde o alumnado traballou vocabulario e tradicións do nadal na cultura anglosaxona.
Con este tipo de actividades o alumnado manexa ferramentas dixitais dun xeito divertido ó tempo que fomentan a inclusión de alumnado con NEE ou NEAE e a solidaridade e cohesión do grupo.
Seguiremos esta semana con máis actividades navideñas.Estade ó tanto!!
1st ENGLISH-TIC PROJECT- ME AND MY PET
Un ano máis os proxectos de lingua inglesa decoran os taboleiros do noso centro.
O alumnado de 1° de ESO se nos presenta en secundaria ó empezar esta nova etapa á vez que nos amosan as súas deliciosas mascotas.
Foi un traballo moi laborioso pero que foi tomando forma con moito esforzo.Nel reforzamos vocabulario e estructuras gramaticais cada vez mais complicadas e manexamos ferramentas dixitais na creación de pósters online
Próximamente vos compartiremos outros proxectos.
ENCONTRO DIGITAL WEEK
O alumnado de 6º participou no Encontro Digital Week que se celebrou o 7 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Alí viron novamente a algúns dos compañeiros da Digital Week que se celebrou en outubro no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares.
Ademais asistiron á conferencia-coloquio de Deborah García Bello e Manuel Vicente. Un alumno do noso centro gañou un libro por facer a pregunta que máis lle gustou á conferenciante: "De que está feito o universo?"
Posteriormente tiveron un pequeno recreo con merenda e a continuación un taller de programación con Makey Makey que foi moi entretido.
Finalmente, no salón de actos, viron un vídeo no que os seus monitores e profesores do campamento dos Peares lles transmitiron moi bos desexos.
Pódese dicir que foi unha mañá intensa e ben aproveitada!
LEARN BY PLAYING: INDIAN TRADITIONS
Hoxe adicamos parte da clase de inglés a coñecer máis a fondo as tradicións e cultura India.
A nosa auxiliar de conversa deseñou un wordwall con preguntas sobre unha presentación que vimos previamente.
As dinámicas de xogos facilitan a aprendizaxe e a inclusión ó ser altamente estimulantes e accesibles para todo o alumnado.
Na segunda parte da clase xogamos en parellas ó TIC,TAC,TOE reforzando estructuras que nos axudan a avanzar no uso da lingua inglesa e nas súas estructuras.
Foi un bo comezo de semana.
Deixámosvos o enlace por si queredes xogar na casa.
See you!!
https://wordwall.net/resource/62960224