Polo creativo
OUR ENGLISH EXPERTS IN TIC
O departamento de inglés pon en marcha os comités de expertos para formar a alumnado novo en diversas ferramentas tecnolóxicas que usarán ó longo da súa vida académica.
A eficacia da aprendizaxe entre iguais é un feito científicamente constatado,por esta razón o departamento de inglés está a pór en marcha esta iniciativa neste curso.
Hoxe catro representantes de 2° de ESO acudiron á aula de 1°a formar a este alumnado nunha ferramenta dixital en deseño de pósters.O alumnado tomou notas dos diversos pasos e fixeron roldas de preguntas e dúbidas que surxían.
Unha experiencia creativa para todas e todos e de grande responsabilidade para as relatoras e relatores Rocío,Paula,Pedro e Kimetz ós que lles agradecemos a súa axuda e ponencia.
Infinitas gracias!