Polo creativo
AVENTURA NO ESPAZO
Dentro do proxecto "aventura no espazo" comezamos centrándonos nas fases da lúa e os movementos desta e do planeta Terra. Empregamos Unha lanterna, que simulaba a luz solar, para comprobar os "cambios de forma da lúa" así como o " día e noite" no noso planeta. Tamén empregamos a aplicación BODYPLANET, para ver estas aprendizaxesnen Realidade Aumentada.
EIRUGAS QUE SE TRANSFORMAN EN BOLBORETAS. TRABALLANDO A PRIMAVERA
Experimentos con gusanos e mariposas.
Tamén traballamos conceptos lóxicos cun lince de primavera, conteo de pétalos e vermes que coloreamos en función do número inficado ou de que saía no dado.
SEMANA DA PRENSA EN 4º DE EI
Para celebrar a semana da prensa o alumnado de 4° de Infantil traballamos cos xornais deste xeito: pintamos as follas do xornal con témpera de diferentes cores para despois usar para unha obra de arte ó estilo Yayoi Kusama.
Con esta tarefa vimos que cos xornais tamén podemos facer arte e traballar a creatividade. E conceptos como: grande- pequeno- mediano.
DÍA DAS MATEMÁTICAS: O NÚMERO PI
Póster elaborado polo alumnado de 2 de ESO.
Ademais de diversas curiosidades moi interesantes sobre o número pi, ten na parte inferior os decimais representados coas barras.