Skip to Content

Curso 2012/13

Festival Fin de Curso 2013

O alumado de Infantil e Primaria  do CPI Don Aurelio quere convidarvos ao seu Festival de Fin de Curso 2013.

O venres 21 de xuño. Dividirase en duas partes, a primeira dara comezo ás 10:15 h e a 2º ás 12:15 h.

Esperámosvos.

 

FOTOS

VIDEOS (1ª PARTE)

VIDEOS (2ª PARTE)

Aprendemos a Reciclar con Sogama

Con motivo da nosa participación no Programa Recíclate con Sogama, o alumnado de 6º realizou unha presentación para resumir, explicar e mostrar os traballos realizados este curso.

 

Revista Ollos de Aula

Desde a Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización  lingüística traennos unha nova revista Ollos de Aula. A revista para as familias do alumnado

Descarga xa o nº 7 (maio de 2013) 

 

     

   

Federico Pérez Rey

O vindeiro martes 28 de maio visitanos o actor FEDERICO PÉREZ REY

  

Tamén coñecido por Moncho (Era visto)

Realizou varios traballos na TVG, participou nas series Padre Casares, Air Galicia, O show dos Tonechos, Libro de familia e Mareas vivas.

Foi tamén guionista nas series Terra de Miranda, Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos. Dende abril de 2011, da vida á personaxe de Moncho na serie da TVG Era visto!.

En cine participou nas películas 18 comidas, Retornos e Mar Adentro.

Foi asesor lingüístico nas series Mareas vivas, Terra de Miranda, e Cuarto sen ascensor, así como na película Mar Adentro.

Arqueólogos por un día

Durante toda a 2ª semana de maio estivo na Casa de Cultura de Cuntis unha reproducción dun castro da Idade de Ferro.

O alumnado de Primaria e 1º Ciclo de ESO tivo a oportunidade de transformarse en arqueólogos para descubrir restos de cerámica, muros, restos dun muíño, unha lareira, etc..., continuando o traballo co proceso de tratamento, clasificación e arquivo destes materiais.

A actividade denomínase "Arqueocampo" e está promovidad polo Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC para divulgar, paso a paso, o traballo feito polos arqueólogos en xacementos como o de Castrolandín. A empresa Tesouros Novos foi a encargada de levala a cabo.

Resultou moi interesante e divertida. No seguinte enlace podedes atopar algunhas fotos.

Tamén saímos no xornal.

 

Visita a Marcelle Natureza

O día 23 de abril os nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Marcelle Natureza.

No parque vimos moitos animais e aprendemos moito sobre eles.

Pasamos un día estupendo!!!

Concurso "Affiche ton français"

Dos 3 carteis que o Departamento de Francés presentou para o concurso "Affiche ton français" co tema: "Le cinéma", para todos os centros de Galicia, durante as 27 Xornadas da APFG que tiveron lugar no IES Fontiñas de Santiago de Compostela, os traballos presentados por Sara Abdulkader Sande e Blanca Barros Rubines (1º ESO A), resultaron premiados co segundo e terceiro premio na categoría de 1º e 2º de ESO.

As alumnas gañadoras rebibirán un obsequio de parte da Asociación de Profesores de Francés de Galicia e próximamente rebibirán un diploma.

A profesora de Francés agradece a todos os seus alumnos que participaron voluntariamente neste concurso, aínda que os seus traballos non foran escollidos.

 

Mostras da Prehistoria

O alumnado do 1º curso da ESO realizou uns traballos, na materia de Ciencias Sociais Xeografía e Historia, sobre os materiais da prehistoria.

Expuxeron as suas obras no corredor principal do centro.

Visitounos Anxo Moure. Contacontos e auto do libro " O carballo con botas"

O venres 12 de maio estivo con nós unha árbore moi especial: " O carballo con botas".

O alumnado de EI, 1º e 2º ciclo de EP poido disfrutar coas suas historias, onde a ecoloxía e non violencia foron os protagonistas.

Se queredes saber onde vive esta peculiar árbore picade aquí: contosolidarios.org

Fixemos tamén algunhas fotos para que conste o ben que o pasamos.

1º Certame Poético en Galego

Certame poético "Que é para ti a lingua galega" organizado entre o CPI Aurelio Marcelino Rey García e a Asociación Cultural O Fervedoiro de Cuntis.

Distribuir contido


by Dr. Radut