Skip to Content

Arqueólogos por un día

Durante toda a 2ª semana de maio estivo na Casa de Cultura de Cuntis unha reproducción dun castro da Idade de Ferro.

O alumnado de Primaria e 1º Ciclo de ESO tivo a oportunidade de transformarse en arqueólogos para descubrir restos de cerámica, muros, restos dun muíño, unha lareira, etc..., continuando o traballo co proceso de tratamento, clasificación e arquivo destes materiais.

A actividade denomínase "Arqueocampo" e está promovidad polo Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC para divulgar, paso a paso, o traballo feito polos arqueólogos en xacementos como o de Castrolandín. A empresa Tesouros Novos foi a encargada de levala a cabo.

Resultou moi interesante e divertida. No seguinte enlace podedes atopar algunhas fotos.

Tamén saímos no xornal.

 



portada | by Dr. Radut