Skip to Content

Curso 2012/13

Charla sobre Blanco Torres

O luns 18 de marzo tivemos no centro unha homenaxe ao cuntiense Roberto Blanco Torres cando se cumpren 122 anos do seu nacemento. Participaron na mesma membros das Asociacións Culturais O Meigallo e O Fervedoiro de Cuntis, grandes valedores do intelectual de Cuntis.

 

Contacontos con Charo Pita e Tim Bowley

Onte martes 19 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza no noso centro de dous contadores de historias de recoñecido prestixio nacional e internacional. O conxunto do alumnado da ESO gozou dos relatos que, en galego e inglés, nos trouxeron Charo Pita e Tim Bowley nunha viaxe imaxinaria que demostra a necesidade de reivindicar a diversidade cultural e lingüística e as estreitas relacións entre as tradicións orais do mundo.

"En Cabarceno se oye cantar"

O luns 18 de marzo visitounos Susa Herrera profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para presentarnos o seu novo traballo "En Cabárceno se oye cantar".

Cantamos, bailamos e aprendemos un motón de cousas sobre os animais que viven neste gran parque natural.   VIDEOS

O Club de Lectura visita o Salón do Libro de Pontevedra

O venres día 16 de marzo os membros do club de lectura "As Campaíñas" realizarmos unha viaxe a Pontevedra para visitar a XIV Edición do Salón do Libro, que este ano está inspirado nas máquinas.

Aproveitamos tamén a mañá para acudir a unha exposición de pintura, no Café Moderno, do autor marinense Ramón Lorda Deside titulada "Deside. A pintura sen tempo".

Se queredes ver as fotos picade aquí:   FOTOS

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2013-14

PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2013-2014

o prazo de admisión para o curso 2013-2014 abrangue desde o 5 ata o 17 DE ABRIL   

(* De acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

Máis información

 

 

Día Internacional da Muller 8 de marzo

Xa está no corredor principal do colexio a exposición dos traballos dos alumnos de 6º EP e 1º da ESO.

Nesta actividade o alumnado preséntanos a mulleres que destacan polos seus logros.

Presentación do libro "Vértebras e lóstregos"

O vindeiro venres 22, o Club de Lectura presentara o libro "Vértebras e lóstregos", de Manuel Pérez Lourido, ás 20:00 na Biblioteca Pública de Cuntis. Estades todos invitados.

Entroido 2013 Venres 8 de febreiro

O alumnado do CPI convídavos a asistir ao seu desfile de Entroido. A partir das 11:00 h no patio exterior do colexio.

O tema dos nosos disfraces está relacionado coa reciclaxe e reutilización de material de refugallo, principalmente cos xornais. A partir das 12:45 degustaremos filloas e orellas elaboradas polas familias da ANPA "O Baño".

A DESFRUTAR DO ENTROIDO!!!

FOTOS               VIDEOS

Almorzos Saudables

O luns 28 de xaneiro o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria desfrutaron da degustación dunha "merenda saudable".

Esta actividade complementa o traballo desenvolvido previamente nas aulas co obxectivo de xerar actitudes e motivación cara o coidado persoal. Este ano foron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, coordinados polas súas mestras titoras, os encargados de ler nas aulas de infantil e 1º e 2º de primaria unha selección de contos que os encargados da biblioteca do centro recopilaron par esta actividade. Algúns dos títulos: Gústame o chocolate, Lolo anda en bicicleta, Tanta miga e a súa barriga, Unha tarde no parque, A colección de galletas, ...

Nesta ocasión foi o Concello de Cuntis o que nos facilitou os alimentos grazas á implicación de diversas empresas que achegaron leite, pan, froitas, ...

Exposición: Olladas de inxenuidade

Ao asexo 1 Ao asexo 2 Ao asexo 3 Un, dous, tres
Pensando un futuro meior Tecnoloxía Facendo o mandao Abrindo portas
Elas xogan, mamá asexa Volverei
  Carapuchiña vermella Olladas de inxenuidade  

Distribuir contido


by Dr. Radut