Skip to Content

Act. Complementarias e Extraescolares

Visita a Apípolis

Os cativos e cativas de 1º e 2º curso de Primaria foron de excursión o martes 5 de abril a Pontevedra. Visitaron a casa das abellas de Xeve, a chamada “Apípolis” onde aprenderon a importancia das abellas para o ser humano e a natureza e onde probaron a facer riquísimas galletas, degustaron doce mel, fixeron a súa propia vela de cera e viñeron esgotados/as de tanta diversión e coñecementos adquiridos.

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotografías que nos tiraron as mestras premendo nestas imaxes ou entrando na nosa galería de fotos.

                       

Día Internacional da Muller. 8 de marzo.

O alumnado de primaria e infantil participou en diferentes actividades para conmemorar o Día da Muller e visibilizar este problema social.

Os maiores, 5º e 6º, realizaron uns traballos cos seus notebooks para presentar  a mulleres que destacan ou destacaron nalgún deporte ao resto do centro. O resultado proxectarase durante os recreos desta semana no corredor principal do centro.

O alumnado de 4º A e B preparou unhas biografías e uns contos para mostralos nas aulas de Infantil,  1º, 2º e 3º de EP.

Este foi o resultado, se queredes ver as fotos premede nas imaxes.

 

 

ENTROIDO 2016

O pasado venres 5 de febreiro tivo lugar no noso colexio o xa tradicional desfile de entroido. Desta volta a temática dos nosos disfraces xiraba en torno a un dos temas transversais que estamos a traballar neste curso, a Interculturalidade, polo que todos e todas estudamos, preparamos e acercamos ao noso alumnado cara as diferentes culturas e pobos do mundo cos que desfilamos.

Ademáis do desfile os rapaces e rapazas da ESO participaron nun concurso de disfraces que podedes ver neste enlace ou na nosa galería de vídeos.

Despois do desfile degustamos unha grande cantidade de doces de entroido, filloas e orellas que tan xenerosamente aportaron as familias dos nosos rapaces e rapazas, en colaboración coa ANPA "O Baño". Moitas grazas a todos/as.

O desfile deu moito de sí e tiramos unhas fotos para ter unha pequena lembranza deste día; podedes botarlle un ollo visitando a nosa galería de fotos ou premendo nestas imaxes.

               

  

ENTROIDO 2016

Desfile de entroido. Venres 5 de febreiro. A partir das 11:00 h.

Dende ás 13:00 h degustación de orellas e filloas elaboradas polas familias en colaboración coa ANPA "O Baño".

Os difraces están inspirados en diferentes pobos e culturas do mundo.

                      

FESTIVAL DE NADAL 2015

O venres 18 de decembro os cativos e cativas do noso colexio representaron para todas as familias as cancións, poemas, bailes e obras teatrais que estiveron preparando nas últimas semanas. Puxemos moita ilusión neste festival así que esperamos que vos gustara. O profesorado recolleu os momentos máis importantes das diferentes actuacións nas fotos e vídeos que temos na galería de fotos e vídeos do noso centro ou premendo nestas fotos.

                                                                        FOTOS                                                                                                     VÍDEOS

                                                            

BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2016

Festival de EI e EP no CPI Aurelio Marcelino

O xoves 17 e  o venres 18  de decembro terá lugar o xa tradicional Festival de Educación Infantil e Primaria.

O xoves estará dirixido ao alumnado e o venres será exclusivamente para as familias que desexen acudir.

Está previsto dividilo en 2 partes. A primeira dará comezo sobre ás 10:15 e a segunda sobre ás 12:15 h.

                                                

Educación Vial para os máis pequenos

 

  Este venres 4 de decembro visitou o noso centro o policía local que nos axuda   todos os días na rúa e na entrada do noso colexio. Amosounos varios contos  cos que aprendemos normas de Educación Vial e bos comportamentos coma  peóns, e contestou amablemente ás nosas preguntas.

   Moitas grazas Suso por visitarnos e compartir con nós os teus coñecementos.

Taller de Receitas cos cativos e cativas

O pasado xoves 3 de decembro os cativos e cativas de Educación Infantil, coa axuda e colaboración dos compañeiros/as de cuarto de primaria, fixemos un taller de cociña con receitas moi sinxelas inspiradas nestas datas próximas ao Nadal. Fixemos uns ricos petiscos de ratiños de queixo e uns Papá Noeles, tamén de queixo; despois uns deliciosos sandwiches de bonecos de neve e rematamos cunhas sobremesas gorentosas de froita, unha árbore de Nadal de kiwi e uvas e unhas brochetas de boneco de neve de plátano e mazá.

As mestras tiraron unhas fotiños do noso traballo dentro deste proxecto do Programa Aliméntate Ben que forma parte do Plan Proxecta no que estamos a traballar neste curso; entrade na nosa galería de fotos ou premede nestas imaxes para ver un chisquiño da elaboración e degustación do noso menú de nadal.

                                                     

MAGOSTO NO AURELIO MARCELINO

Este venres 13 de novembro celebramos no colexio a xa tradicional festa do MAGOSTO con Xogos Tradicionais, Obradoiros, Teatro e para rematar degustamos unhas saborosas Castañas Asadas. Queremos agradecer a colaboración da ANPA O Baño e a todas as familias que nos proporcionaron as castañas para poñer fin a esta festa tan agardada polos nosos cativos e cativas.

Botádelle unha ollada ás fotos que fixemos premendo en calquera delas ou visitando a nosa galería de fotos.

   

Festival Fin de curso 2015

 

Podedes botarlle un ollo ás actuacións e fotos do festival premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos e vídeos.

            BO VERÁN           

                                   FOTOS                                                                                                           VIDEOS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut