Skip to Content

Act. Complementarias e Extraescolares

O sabor da aventura está no mar. Obradoiros Febreiro 2017

Este venres 3 de febreiro voltaron visitarnos os nosos amigos e amigas da Patrulla dos Arroases do Programa Aliméntate Ben, un dos Plans Proxecta nos que está a participar o alumnado e profesorado do noso colexio. Desta volta fixemos dous obradoiros para todas as aulas de Infantil e outros dous as aulas de segundo, terceiro e sexto de primaria.

Os/as máis pequerrechos/as vimos un vídeo promocional das novas aventuras dos nosos/as amigas/as Os Arroases, escoitamos un conto e fixemos unha "actividade de pesca simulada" para coñecer tanto os diferentes peixes que hai coma as súas propiedades e as distintas artes de pesca.

Os/as máis grandiños/as tamén vimos un vídeo, fixemos unha xincana aproveitando as personaxes e os "superpoderes" adquiridos por alimentárense de peixe e marisco e démoslle un repaso ás actividades pesqueiras e á importancia que ten coidar o noso mar e o medio ambiente en xeral.

Coma sempre as nosas mestras sacaron unhas fotos que podedes ver premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería dde fotos.

    

Teatro en Língua Inglesa en Pontevedra

Este venres 27 de xaneiro o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria fixo unha saída a Pontevedra para participar dunha obra de teatro en língua inglesa titulada "Freaky"; ademáis tamén aproveitaron a viaxe para facer un percorrido guiado polas instalacións máis significativas do Museo de Pontevedra onde coñeceron polo miúdo moitos dos segredos e encantos que agocha este lugar.

Coma sempre podedes visitar a nosa galeria de imaxes ou premer nestas imaxes para ver algunha das fotografías que fixeron.

          

Un partido polo planeta. O Xogo xigante de Sogama.

Dende o 19 de xaneiro até o 1 de febreiro o alumnado de educación primaria poderá desfrutar do Xogo Xigante de Sogama "Un partido polo planeta" que nos cederon ao centro pola participación no Programa Recíclate con Sogama pertencente aos Plans Proxecta nos que está a traballar unha grande parte do profesorado. 

Velaquí unhas fotos do traballo dos/as rapaces e rapazas de primaria.

         

O primeiro ciclo da ESO no teatro e na Cidade da Cultura

Este luns 23 de xaneiro os alumnos/as do primeiro ciclo da ESO foron a Santiago cos profesores de Inglés a ver unha representación da obra 'Merlin, the Wizard'. Aproveitaron a visita para visitar a biblioteca de 'Ánxel Casal' e a cidade da  cultura. 

         

CHARLA SOBRE OS REFUXIADOS DE SIRIA

Este xoves 19 de xaneiro o alumnado da ESO do noso centro tivo a oportunidade de desfrutar dunha das mellores clases dos últimos anos. Primeiro viron o documental "ASTRAL" de laSexta sobre a traxedia humanitaria dos refuxiados que tentan fuxir da guerra e morren no Mediterráneo sen que os gobernos europeos fagan nada.

E despois do vídeo introdutorio tivemos unha charla do veciño de Cuntis e ex-alumno do centro, Pablo Camino, que deixou sen fala e estremecido o alumnado ao contarlles a historia que el mesmo viviu na illa grega de Lesbos axudando a chegar a europa a bebés, nenos e nenas, mulleres e homes coma nós que foxen do horror da guerra.

Premede nas imaxes ou botádelle un ollo á nosa galería de fotos para ver algún dos momentos vividos nesta xornada.

          

VISITA A SOGAMA E A CIDADE DA CULTURA

Os alumn@s de 5º de primaria visitaron o martes 17 de xaneiro as instalacións de SOGAMA, a sociedade galega do medio ambiente en Cerceda, complexo ao que chega o lixo dos contedores amarelos e dos orgánicos de case toda Galicia. Pero alí non reciclan senón que separan os diferentes tipos de envases, latas e bricks e outras empresas reutilízanos para crear novos obxectos. Sabíades que con plástico reciclado pódese facer roupa?? O lixo orgánico, en cambio, queímano para producir enerxía e transformala en electricidade.

A saída non rematou aí xa que despois de comer visitamos a CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela onde fixemos un percorrido pola exposición dedicada a Camilo José Cela, o gran escritor galego gañador do premio Nobel de literatura que no 2016 cumplíronse 100 anos do seu nacemento. Ademais da exposición, puxémonos na pel dun escritor a través do obradoiro "Cóntame un conto".

              

Festival de Decembro 2016.

Un ano máis chegou Decembro e con el o tan esperado Festival do noso colexio onde os nosos rapaces e rapazas nos amosan que grandes artistas temos en Cuntis. Ademáis das actuacións, das fotos do festival e co Apalpador no corredor principal, tamén podedes ver a entrega de premios que fixemos para agasallar ao alumnado que participou activamente no Mes da Ciencia e coa Aociación Avanzar.

Moitas grazas a todos e todas que fixestes posible este remate de trimestre tan bo e vémonos prontiño despois do Nadal.

   

     FOTOS FESTIVAL                                        VIDEOS ACTUACIÓNS                             FOTOS APALPADOR

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2017

Festival de Decembro 2016

      

      

Deporte Escolar: Campo a través

O mércores 30 de novembro participamos na fase zonal do Campo a Través. A carreira celebrouse na Estrada nas instalacións da Praia Fluvial. O noso colexio participou con 160 nenos/as de 2º de Primaria a 3º da ESO.

Conseguimos 5 medallas nas difererentes categorías e o mais importante foi que disfrutamos moito convivindo e facendo deporte no medio natural.

Para ver as fotos premede nas imaxes.

                            

MAGOSTO 2016

E por fin a choiva de outono nos deu unha pequena tregua e puidemos rematar a festa deste Magosto 2016 asando e degustando as castañas que tan amablemente nos trouxeron os/as rapaces/as das súas familias. Tampouco podemos esquecer a colaboración da ANPA "O Baño" que nos proporcionou a leña para poder asar as castañas, unha vez máis, moitas grazas a todos/as.

Non deixedes de visitar a nosa galería de fotos e botádelle un ollo ás cariñas dos nosos/as rapaces/as probando as castañas asadas.

    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut