Skip to Content

O sabor da aventura está no mar. Obradoiros Febreiro 2017

Este venres 3 de febreiro voltaron visitarnos os nosos amigos e amigas da Patrulla dos Arroases do Programa Aliméntate Ben, un dos Plans Proxecta nos que está a participar o alumnado e profesorado do noso colexio. Desta volta fixemos dous obradoiros para todas as aulas de Infantil e outros dous as aulas de segundo, terceiro e sexto de primaria.

Os/as máis pequerrechos/as vimos un vídeo promocional das novas aventuras dos nosos/as amigas/as Os Arroases, escoitamos un conto e fixemos unha "actividade de pesca simulada" para coñecer tanto os diferentes peixes que hai coma as súas propiedades e as distintas artes de pesca.

Os/as máis grandiños/as tamén vimos un vídeo, fixemos unha xincana aproveitando as personaxes e os "superpoderes" adquiridos por alimentárense de peixe e marisco e démoslle un repaso ás actividades pesqueiras e á importancia que ten coidar o noso mar e o medio ambiente en xeral.

Coma sempre as nosas mestras sacaron unhas fotos que podedes ver premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería dde fotos.

    



portada | by Dr. Radut