Skip to Content

Acceso a outros cursos do grao elemental e profesional

Acceso a outros cursos do grao elemental e profesional

ACCESO A OUTROS CURSOS DO GRAO ELELEMENTAL

Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.

De todas as maneiras a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural. Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.

En todas as especialidades as probas constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:

a) Interpretación, no instrumento da especialidade a que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
b) Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.

 

Cualificacións das probas de acceso a outros cursos do grao elemental

As puntuacións obtidas polo alumnado nas probas de acceso a calquera dos cursos do grao elemental axustarase á cualificación numérica de 1 a 10, ata un máximo dun decimal. Cumprirá obter, como mínimo, a cualificación de cinco puntos para superar a proba.

A puntuación definitiva das probas de acceso aos cursos 2º, 3º e 4º será a media ponderada da cualificación obtida en ámbolos dous exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro apartado, a), nun 60 % e o segundo, b), nun 40 %.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no centro no curso académico en que sexa convocada.

As puntuacións definitivas obtidas na proba de acceso serán as que determinen a matriculación do alumnado.

 

ACCESO A OUTROS CURSOS DE GRAO PROFESIONAL

Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais de música sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A proba de acceso a outros cursos do grao profesional constará de dous exercicios:

a) Interpretación, no instrumento ou coa voz, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo.

b) Exercicio teórico-práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo.

 

Cualificacións das probas de acceso a outros cursos do grao profesional

A puntuación definitiva das probas de acceso será a media ponderada da cualificación obtida en ámbolos dous exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro apartado, a), nun 70 % e o segundo, b), nun 30 %.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que sexa convocada. A admisión está sometida aos principios de igualdade, mérito e capacidade, e supeditada ás cualificacións obtidas nas probas de acceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut