O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa é un centro público e oficial no que se imparten as ensinanzas de réxime especial de música reguladas pola Lei Orgánica de Educación – LOE - e xa que logo, conducentes a titulación oficial.
Os estudos nos Conservatorios de Música desenvólvense en tres graos: elemental, profesional e superior. Os dous primeiros pódense cursar no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, mentres que o grao superior unicamente pódese cursar en centros creados especificamente para o mesmo. No caso de Galicia os Conservatorios Superiores de Música de titularidade da CCEU están ubicados en Vigo e A Coruña.
A nosa dirección é:
Conservatorio Profesional de Música
Auditorio Municipal 1º andar
Avda. da Mariña nº 27
36600 Vilagarcía de Arousa
Teléfono: 986 500 916
Correo electrónico: conservatorio@vilagarcia.gal
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia
As oficinas funcionan en horario de mañá [10:30-13:30 h] e tarde [16:00-20:00 h.].
As clases impártense en quenda de tarde, aínda que existe a posibilidade de levar a cabo algunha disciplina en horario de mañá, sempre que exista mutuo acordo entre o/a profesor/a e o/a alumno/a.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ás oficinas do centro no horario de atención ao público.