As ensinanzas profesionais de música teñen como finalidade propiciar ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, ademais de preparar aos estudantes para o acceso aos estudos de grao superior.
O grao profesional ten unha duración total de seis cursos e a súa superación dará dereito á obtención do Título Profesional de Música na especialidade correspondente.
O plan de estudo do grao profesional depende da especialidade que se curse; existen materias comúns a todas as especialidades e outras específicas das mesmas.
O alumnado pasará ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación negativa, como máximo, en dúas materias. O alumnado que non obtivera avaliación positiva nunha ou en varias materias poderá presentarse á proba extraordinaria que os centros organizarán durante o mes de xuño. Logo da celebración das probas extraordinarias a cualificación negativa en tres ou máis materias dun curso ou de varios impedirá a promoción ao curso seguinte.
O límite de permanencia nas ensinanzas profesionais de música será de oito anos. O alumnado non poderá permanecer máis de dous anos no mesmo curso, bardante no sexto curso.
No Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa temos implantado os plans de estudo seguintes: