Skip to Content

Grao Elemental

Información Grao Elemental

Ten como obxectivo primordial desenvolver no alumnado o aprecio pola música como linguaxe artística ademais de promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira un nivel suficiente para acceder aos estudos de grao profesional.

O grao elemental está estruturado nun único ciclo de catro cursos. En cada curso impártense as materias de instrumento (1h/semanal individual), linguaxe musical (2h/semanais) e educación auditiva e vocal (1h/semanal), o que fai un total de catro horas semanais de clase.

O alumnado matriculado no centro poderá promocionar ao curso superior cando se teñan superado as materias cursadas ou, como máximo, exista avaliación negativa nunha materia. O alumnado que non obtivera avaliación positiva nunha ou en varias materias poderá presentarse á proba extraordinaria que os centros organizarán no mes de xuño. Logo da celebración das probas extraordinarias a cualificación negativa en dúas ou máis materias dun ou de varios cursos impedirá a promoción ao seguinte.

límite de permanencia en cada curso do grao elemental será de dous anos, sen que o alumnado poida permanecer máis de cinco anos no devandito grao.

O alumnado recibirá, ao finalizar o grao elemental, un certificado expedido pola dirección do centro educativo en que consten os cursos e as materias, así como as cualificacións obtidas.

Consulta no seguinte documento a distribución horaria por especialidade e carga horaria por curso das ensinanzas elementais de música, reguladas polo Decreto 198/2007, do 27 de setembro:

Distribuir contido


by Dr. Radut