Para ao acceso á plataforma CENTROSNET deberán premer no seguinte enlace:
https://www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php?tcentro=CMU¢ro=PO9
O alumnado matriculado no centro en anos anteriores mantén o mesmo usuario e contrasinal.
O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:
Na pestana de Login alumnos deberán introducir
1. Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000
2. DNI do/a alumno/a sen letra
3. Premer en ENTRAR
4. A plataforma solicitará indiquen unha contrasinal persoal e un enderezo de correo electrónico, para proceder ao acceso definitivo á plataforma CENTROSNET, na que poden consultar os horarios, expediente, cualificacións, faltas de asistencia, etc…
APP CentrosNet
Todo o alumnado e as súas familias poden acceder á APP da plataforma de xestión académica CENTROSNET no seu móbil ou tablet na que terán un cómodo acceso aos horarios , avisos de publicación de cualificacións, faltas, etc… Para elo é necesario que previamente teñan accedido a CENTROSNET para darse de alta na plataforma desde o seu ordenador tal e como figura anteriormente sinalado.
Para a descarga da APP CentrosNet deberán seguir os seguintes pasos:
- Descargar a APP CentrosNet (Play Store – Apple)
- Unha vez descargada seleccionar o centro C.M.U. Vilagarcia de Arousa
- Introducir o usuario (Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000)
- Introducir a contrasinal: a que teñen indicado para o acceso a CENTROSNET desde o seu ordenador
AULAVirtual
A AulaVirtual é un espazo virtual de docencia e de transmisión de contidos educativos que todo o profesorado terá actualizada no espazo das respectivas materias e estará dispoñible a partir do mes de setembro.
Todo o alumnado (ou as súas familias no caso de alumnos/as que non sexan quen de facelo solos) deben acceder a AulaVirtual no seguinte enderezo
https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/
O alumnado matriculado no centro en anos anteriores manten o mesmo usuario e contrasinal de acceso.
O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:
- Indicar o usuario, que é o nome de cada alumno deste xeito: nome.apelido.apelido. No caso de ter un nome composto será: nomenome.apelido.apelido
- Remitiremos á contrasinal de acceso por correo electrónico que deben mudar tan pronto accedan.
Unha vez realizada a alta na AulaVirtual poden descargar a APP de moodle para o seu móbil do seguinte xeito:
ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.moodle.moodlemobile&hl=es_419
APPLE: https://apps.apple.com/es/app/moodle/id633359593
- Introducir o enderezo da AulaVirtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/
- Introducir os datos que solicite a APP.
Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo electrónico de secretaria@cmusvilagarcia.gal ou no teléfono do centro 986500916