Skip to Content

Acceso Grao Elemental

Para acceder as ensinanzas de grao elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.

ACCESO AO 1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL

O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.

En todo caso a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, alomenos, os seguintes aspectos:

a) Exercicios para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicios para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicios para avaliar a aptitude psicomotriz.

A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados anteriormente como o conxunto da proba globalmente.


CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO

As puntuacións obtidas polo alumnado nas probas de acceso a calquera dos cursos do grao elemental axustarase á cualificación numérica de 1 a 10, ata un máximo dun decimal. Cumprirá obter, como mínimo, a cualificación de cinco puntos para superar a proba.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no centro no curso académico en que sexa convocada.

As puntuacións definitivas obtidas na proba de acceso serán as que determinen a matriculación do alumnado.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut