Skip to Content

Titorial para facer as matrículas do conservatorio

Para realizar os estudos no conservatorio é necesario todos os anos facer unha matrícula.

Temos dous métodos para facelo:

  1. Presencial, cubrindo e entregando unha solicitude de matrícula -que podedes recoller tamén na conserxería do Conservatorio- na oficina de rexistro do Concello (lpódese solicitar cita chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas),
  2. Telemático, a través da sede electrónica do Concello na seguinte lizgazón https://sede.aspontes.org/

Nos dous casos a única documentación que terás que levar é a solicitude de matrícula e a autorización de uso de imaxe (que podes descargar de AQUÍ), e, no caso de ser familia numerosa unha copia do título de familia numerosa.

No momento da matrícula non hai que facer ningún pago de taxas.

É importante cubrir ben todos os campos do impreso de matrícula, sobre todo os datos personais do alumno ou alumna e os relativos a solicitude de bonificacións por renda e pago fraccionado ou non.

Tedes máis información sobre as taxas e descontos na seguinte ligazón: INFORMACIÓN SOBRE TAXAS.

 


 

De seguido deixamos unha pequena explicación de cómo facer as matrículas de xeito electrónico:

PASO 1: Entrar na sede electrónica e descargara os impresos.

O primeiro será entrar na sede electrónica do Concello na seguinte ligazón https://sede.aspontes.org/
aí veremos isto:

pinchamos en “ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS” e no sub-menu de «Matrícula no Conservatorio Profesional de Música» e veremos a información do trámite


Na parte inferior da información temos todos os impresos que necesitamos para facer a matrícula. Descargaremos no noso computador o impreso que se chama Formulario de matrícula no conservatorio. e o Formulario de autorización de difusión de imaxe.

 

descargar documentacion

Estes formularios os cubriremos con noso editor e gardaremos, pois os anexaremos despois.

PASO 2: INICIAR A TRAMITACIÓN:

Pulsando en “INICIAR O TRÁMITE” comezaremos o proceso de identificación.


Para identificarse será necesario o DNIe, un certificado dixital, a Clave PIN 25 horas ou a Clave Permanente.


Pinchamos en “Entrar con Cl@ve” e nos redireccionará a unha pantalla de identificación do Goberno de España tal e como sigue:


Seleccionamos o método de identificación que vaiamos a utilizar (DNIe ou certificado dixital son “identificadores”) e continuamos coa identificación, nos pedirá o pin da Cl@ave ou seleccionar e autorizar o certificado dixital que vaiamos a utilizar no caso do certificado dixital veremos unha pantalla similar a esta:

 Unha vez identificados veremos na parte superior esquerda da páxina da Sede electrónica un recadro onde poderemos comprobalo.

PASO 3: SOLICITUDE

Agora toca comezar o proceso de facer a solicitude pinchando en “Solicitude” iremos a un formulario no cal cubriremos os datos xerais do solicitante:

A solicitude ten dúas partes, unha xeral de datos e outra para “Expoñer/solicitar”
Cubrimos os datos do solicitante (normalmente a nai ou o pai, pero pode ser outro “representante”) damos a “Seguinte” e logo a “Gardar”.
E pasamos á anexar a solicitude de matrícula.

PASO 4: ANEXAR DOCUMENTACIÓN E ASINAR

veremos a seguinte pantalla:
pulsando no recadro de “Navegar” buscaremos no noso ordenador o impreso de matrícula que teremos previamente cuberto, e, no caso de familia numerosa anexaremos tamén o libro escaneado. Tamén deberemos anexar o impreso de autorización de uso de imaxe.

Unha vez “subidos” os documentos xa os veremos na páxina e ao final pulsamos en Gardar e Anexar.


Unha vez gardados so queda asinar electrónicamente a solicitude e os anexos (teremos que confirmar por cada documento anexado) e finalmente pulsar en Presentar a solicitude.
É recomendable descargar a xustificación de presentación por si houbese algún problema posterior.

 


 



Tamén se pode presentar a solicitude de matrícula de forma Presencial na oficina de rexistro do Concello (recomendase solicitar cita chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas).

Para aforrar tempo recomendamos levar xa os impresos cubertos antes de ir ao rexistro.

 

 



blog | by Dr. Radut