Skip to Content

Inscrición ás probas de acceso a 1º de grao elemental.

27/05/2024 00:00
06/06/2024 23:59

O prazo para inscribirse as probas de acceso a 1º curso de grao elemental para o vindeiro curso é entre os días 27 de maio e 6 de xuño.

acceso ge1

A inscrición realizase no rexistro do concello ou na sede electrónica do mesmo

Días non lectivos

ponte letras galegas

O mesmo que noutros centros educativos da vila o vindeiro luns 20 de maio non será lectivo no noso centro.

Pasade boa ponte das Letras Galegas.

 

Audicións Fin de Curso 2023 - 2024

Achéganse as audicións de Maio, e con elas, o final de curso:

Anotade a vosa cita coa Música no noso Conservatorio!

Calendario de fin de curso.

Vaise achegando a fin do curso e, para que non se nos pase ningún prazo, publicamos un calendario coas datas máis importantes.

Ao final do artigo tedes a versión en pdf para descargar.

Recital Fin de Grao de Lucía Landrove Saavedra e Noa Giz Carballo (Saxofóns)

O vindeiro 7 de maio, martes, Noa Giz e Lucía Landrove, alumnas de 6º de Grao Profesional do Conservatorio das Pontes, protagonizarán o seu recital Fin de Grao na Casa Dopeso, ás 19:00h.

Oferta de prazas de grao elemental para o curso 2024/2025

 

De acordo coa Circular 4/2008 pola que se regulan as probas de acceso ao grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música, enviamos á inspección educativa a oferta de prazas para o 1º curso de grao elemental que se cita a continuación:

 

Oferta de prazas de grao profesional para o curso 2024/2025

 

De acordo coa Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música, DOG de 18 de agosto, enviouse á inspección educativa a seguinte oferta de especialidades para o Acceso ao Grao Profesional deste Conservatorio:

 

Recital Fin de Grao de Irene Arroyo Orro (Violonchelo)

O vindeiro 10 de maio, venres, Irene Arroyo Orro, alumna de 6º de Grao Profesional do Conservatorio das Pontes, dará o seu recital Fin de Grao, composto por obras de Antón García Abril, J.S.Bach, J.Ch. Bach e Gabriel Fauré.

Concerto da BandOrquestra

O vindeiro sábado, 13 de Abril, ás 20:00 no Cine Alovi das Pontes, terá lugar un concerto moi especial da nosa BandOrquestra.

Non volo perdades!

Distribuir contido


by Dr. Radut