A semana do 20 ao 25 de marzo ven chea de actividades no conservatorio.
Para empezar o departamento de piano organiza un concerto do pianista Javier Vázquez Grela con obras de Brahms, Rachmaninov e Copland na aula Polivalente o martes ás 18:00.
O mércores, tamén ás 18:00 e tamén na aula polivalente, os alumnos e alumnas de frauta traveseira e música de cámara da profesora Jurate Biveiniene teñen unha audición onde nos mostraran o traballo realizado nos últimos meses.