Skip to Content

Modificación dos criterios de elección de horarios para o curso 2023/2024

HORRIO

 

O Consello Escolar do Conservatorio en xuntanza extraordinaria do 29 de marzo de 2023 aprobou a modificación do sistema de elección de horarios das materias individuais, quedando a partir do vindeiro curso como segue:

- A elección será presencial, pero permitirase delegar a representación noutra persoa.

- A elección comezará nos cursos máis altos (6º de grao profesional) e irá baixando curso a curso ata os máis baixos (1º de grao elemental).

- No caso de haber máis de un/ha alumno/a nese curso (que queiran a mesma hora de clase) elexirase a orde por sorteo.

- Se no momento da elección falta algún/ha alumno/a, seguirase co seguinte. Polo tanto o alumno/a (ou representante) deberá estar presente no momento da elección ou elixirá de último/a.

- Non se poderá deixar a xuntanza de elección de horario ata que esta remate por se houbera que facer algunha modificación ao final.

 



blog | by Dr. Radut