Skip to Content

Matrículas

Formalización da Matrícula: a formalización da matrícula para un novo curso, faise unha vez ramatado o curso anterior, na segunda quincena do mes de xuño.

Para poder formalizar a matrícula para o 1º curso de Grao Elemental (nenos e nenas de 8 a 14 anos), os alumnos deben superar unha proba de acceso. Nesta proba, o criterio de admisión atende, prioritariamente, ás aptitudes musicais dos interesados e á idade idónea para iniciarse nas especialidades instrumentais. A inscrición para esta proba de acceso é na primeira quincena de xuño e o exame é a mediados de mes.
Tras superar a proba de acceso poden formalizar a matrícula no rexitro do Concello ou na súa sede electrónica. Para formalizar a matrícula hai realizar un trámite que describimos na seguinte ligazón: INSTRUCCIÓNS PARA MATRICULARSE.

Taxas
(Ordenanza Fiscal Nº 10. Taxa por Ensinanzas Especiais en Establecementos Docentes Municipais)
Curso Completo de grao elemental: 333,00 €
Curso Completo de grao profesional: 500,00 €
Disciplinas soltas de grao elemental: 100,00 €
Disciplinas soltas de grao profesional: 150,00 €
Proba de acceso ao grao elemental: gratuíta
Proba de acceso ao grao profesional: 100,00 €
Servizos xerais: 20,00 €
Inscrición por primeira vez: 30,00 €

Aboaranse as tarifas correspondentes a "Servizos xerais" cada curso por matrícula.
Aboaranse as tarifas correspondentes a "Inscrición por primeira vez" o primeiro ano que o alumno se matricule no Centro.

Beneficios Fiscais
Co fin de establecer as taxas atendendo ao criterio de capacidade económica e as circunstancias familiares, establécense sobre as tarifas os seguintes coeficientes reductores:

A. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar.
Sobre as tarifas aplicaranse as seguintes reducións totais ou parciais:
a) Inferior ao 50% do SMI, unha redución do 100%.
b) Entre o 50 e o 100% do SMI, unha redución do 50%.
c) Entre o 100 e o 125% do SMI, unha redución do 10%.

B. Segundo as circunstancias da unidade familiar.
Unha redución do 50% por ser membro dunha familia numerosa de primeira categoría ou familia numerosa monoparental.

Ampliación de matrícula
É competencia do Consello Escolar do Centro autorizar, con carácter excepcional, a ampliación de matrícula ao curso seguinte do alumnado que, tras a orientación do profesorado, así o solicite, sempre que o informe da totalidade do profesorado do alumno asegure a súa adecuada capacidade de aprendizaxe do curso actual e daquel ao que aspire a acceder.

AnexoTamaño
ordenanza_fiscal_10 (taxas conservatorio)_2.pdf2.8 MB


blog | by Dr. Radut