A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades“ ven de publicar o "Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar” así como a actualización do “Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. Por ende, os centros educativos poñen en funcionamento un PUNTO LARANXA tanto físico como virtual como medida para intentar erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa.
O punto laranxa físico do centro, está situado na planta baixa do edificio principal, a carón da conserxería do centro. Neste espazo, podedes de xeito anónimo introducir unha mensaxe no buzo indicando calquera situación ou preocupación relacionada con esta temática. Só poderá ter acceso á información introducida a persoa encargada desta tarefa con carácter estritamente confidencial.
Por outra banda, tedes á vosa disposición un punto laranxa virtual no lateral esquerdo desta páxina web. Ao premer nel, abrirá un pequeno cadro de texto no cal podedes, de xeito anónimo ao igualque no punto físico, manifestar calquera situación ou preocupación relacionada.