Skip to Content

      

8 M DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Celebremos xuntos o Día Internacional da Muller!

Dende o CIFP de Vilamaríin, consideramos esencial recoñecer e celebrar o papel fundamental que desempeñan as mulleres en todos os ámbitos da sociedade. Por ende, estamos comprometidos coa igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres no ámbito laboral e académico.

Este 8 de marzo, únimonos á conmemoración global do Día Internacional da Muller para honrar os logros das mulleres no pasado, celebrar os avances actuais e reafirmar o noso compromiso coa igualdade de xénero no futuro.

Queremos recoñecer o duro traballo e a dedicación de todas as mulleres que forman parte da nosa comunidade educativa, xa sexan estudantes, profesoras, subalternas, educadoras, limpiadoras ou cociñeiras entre outras. A vosa axuda e contribución é imprescindible e inspiranos a seguir promovendo un ambiente inclusivo onde todas as persoas teñan a oportunidade de desenvolverse plenamente, sen importar o seu xénero.

Neste día tan significativo, reafirmamos o noso compromiso de proporcionar unha educación de calidade que promova a igualdade de oportunidades para todas as persoas, independentemente do seu xénero.

Continuemos xuntos construíndo un futuro máis equitativo e xusto para todas as persoas!

 



     

     

      

 

     

page | by Dr. Radut