PAULA BALDOMIR GAGO

CAMPAÑA DE VELA 2017

CARTEL INFORMATIVO DA CAMPAÑA DE VEL 2017

NENOS E NENAS ENTRE 9 E 18 ANOS. QUENDA DE A POBRA: 7-11 AGOSTO. INSCRICIÓNS NO CONCELLO.

  

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Recordar que o prazo de entrega é ata o 23 de xuño. Os alumnos de 6º teñen que entregalo no IES onde van realizar os estudos o vindeiro curso.

Pinchando aqui acceden a páxina da Xunta, Teñen a convocatoria do DOG completa e poden descargar o impreso de solicitude de axuda.

Adxuntamos a nota que enviamos desde o centro pinchando aquí.

 

ADMISIÓN CURSO 2017/18

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2017/18.

No noso centro o alumnado de 6º que vaia ir ao IES da Pobra ten que facer esta reserva e entregala no noso centro, mentres que aqueles que vaian a outro IES deberán facelo no periodo ordinario no mes de marzo.

O alumnado de educación infantil adscrito a este centro debe facer o mesmo proceso e entregalo no centro no que están estudiando. Os centros adscritos ao Salustiano  son : Fernandez Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa.

Na seguinte páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, na parte inferior poden descargar o impreso e cumprimentalo a man e, ou ben en liña na mesma aplicación na pestaña solicitudes / reserva de praza / crear solicitude, seguir as instruccións. despois teñen que entregalo no centro que están estudiando

Mais información na orde de  25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Dende o 9 ata o 18 de novembro está aberto o prazo pra presentar candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar, Compre renovar dúas prazas vacantes.

Nas mesmas datas estará exposto o censo electoral (pais, enais e/ou titores legais) para comprobar que os datos son correctos.

O día 21 proclamaranse provisionalmente ascandidaturas, tendo ata o23 para realizar as reclamacións oportunas e o 24 será a proclamación definitiva.

As votacións dos pais/nais realizaranse o luns 28 de novembro de 15:30 a 18:30 h.

Nota do calendario da xunta electoral

calendario electoral

papeleta candidatura

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2016/17

DÍA NON LECTIVO

Luns 30 de abril de 2018, igual que os centros da zona.

NOVO TELÉFONO

A Consellería esta realizando unha reubicación dos números de teléfono dependentes desta, polo que a partir de agora o novo número de teléfono do cole é 881866847.

Poderán seguir chamando ao número anterior durante un tempo onde poderán escoitar unha alocución indicando o novo número. Dita alocución estará dispoñible en canto remate o proceso de migración da compañía de teléfono.

FOLGA 26-10-16

Na folga contra a LOMCE convocada para o día 26/10/2016 foi secundada por un 86 % do alumnado e as súas familias.

Asistiron a clase 54 alumnos, un 14 %.

Segundo datos da CONFAPA/GALICIA, en primaria houbo un absentismo do 70 % de media en Galicia.

LISTADOS E TITORES

Distribuir contido