ADMISIÓN CURSO 2017/18

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2017/18.

No noso centro o alumnado de 6º que vaia ir ao IES da Pobra ten que facer esta reserva e entregala no noso centro, mentres que aqueles que vaian a outro IES deberán facelo no periodo ordinario no mes de marzo.

O alumnado de educación infantil adscrito a este centro debe facer o mesmo proceso e entregalo no centro no que están estudiando. Os centros adscritos ao Salustiano  son : Fernandez Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa.

Na seguinte páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, na parte inferior poden descargar o impreso e cumprimentalo a man e, ou ben en liña na mesma aplicación na pestaña solicitudes / reserva de praza / crear solicitude, seguir as instruccións. despois teñen que entregalo no centro que están estudiando

Mais información na orde de  25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.