Libros de texto

LIBROS DE TEXTO 24/25

Libros de texto 24-25 no arquivo adxunto.

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Publicadas as axudas de libros e material. Prrao ata o 21 de xuño.

 

Listaxes provisionais axudas libros e material

Publicadas as listaxes provisionais  de axudas para libros de texto (1º-2º), fondolibros (3º-4º) e axudas de material escolar (todos niveis).

O venres 14 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

LIBROS DE TEXTO 23/24

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

ACTUALIZACIÓN 18/07/23: detectado erro no libro de 2º Lobo Lupas 2, tiñamos o ISBN de 1º, ó valido é 978-84-678-7508-9. Arranxado no arquivo adxunto.

Engadimos os cadernillos de inglés de 5º e 6º.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para compra de libros de texto en 1º e 2º, para a participación no fondo solidario de libros e para a compra material de material escolar.

Orde 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio).

As familias podrán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, ben por vía electronica ou no centro educativo. Presentarán unha  solicitude independentemente do numero de fillos que teña escolarizado no centro.

SOLICITUDE ED330B

Axudas material bono de 75 € para familias con renda inferior a 6000 € de renda per capita e de 60 € para  o tramo entre 6000 € e 10000 €.

Axudas para libros de texto de 1º e 2º: Bono de 240 € para familias con renda inferior a 6000 € e de 160 € para o tramo de 6000 € a 10000 € (alumnado de Ed. Especial ou con minusvalia igual ou maior do 65% é de 300 €)

Fondo solidario, para alumnado de 3º e 4º: familias con renda inferior a 6000 € teñen dereito ata 6 libros e as do tramo 6000-10000 € a 4 libros. O alumnado de 5º e 6º está integrado no programa e-dixgal de libros electrónicos.

Os datos da renda son os referidos ao exercicio fiscal do ano 2021, recadros 435 e 460; de non presentar declaración  seran os datos facilitados pola Axencia Tributaria.

Os datos da unidade familiar son os da situación familiar a 31 de decembro de 2021.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS

Publicada a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto: 7/7/22. 

Período de reclamación: 2 días seguintes á publicación: Venres 8 e luns 11 de xullo.

A entrega de libros será en Setembro. 

Temos libros suficientes en 4º, non é necesario mercar ningún libro neste nivel agas o de inglés (é un cadernillo) polo que todo alumnado recibirá un lote de 5 libros do centro, ainda que non fixeran a solicitude. 

O alumnado de 3º que resultou beneficiado coa axuda de fondolibros ten asignado un nº determinado, 4 ou 5 libros (un total de 31 alumnos/as). Repartiranse os primeiros días do curso. O alumnado que non teña axuda ou que non lle corresponden todos os libros, deben mercalos. 

LIBROS DE TEXTO

Libros de texto para o vindeiro curso 22/23.

5º e 6º: Están incluídos dentro do proxecto Edixgal

3º: Renovación de libros pola adaptación ao curriculo LOMLOE. Mercar o activity book (en vermello). Podénse mercar co cheque de axuda a material.

4º:Fondo liros do centro. Mercar o activity book (en vermello).

1º e 2º: Funxibles, non mercar ata setembro.

(Arranxado un erro: o libro de naturais de 2º ponia que era en castelán cando en realidade é en galego. O isbn estaba correcto en galego, pero podìa inducir a error)

SEGURO ORDENADORES EDIXGAL

Pinchando  aquí deixamos unhas instruccións sobre o seguro do portatil edixgal de 5º. O horario de atención é de  8 da mañá a 6 da tarde

LISTAXES DEFINITIVAS E REPARTO DE CHEQUES

Publicouse a listaxe definitiva do fondo de libros de texto  en 3º e 4º e as axudas para a compra de libros de 1º e 2º 140 € ou 210 €), así como as de material escolar (50 €).

O reparto dos libros de 3º e 4º realizarase en setembro cando comecen as clases. O alumnado de 5º e 6º poderá acceder aos libros dixitais en setembro.

A entrega de cheques será a semana do 19 ao 23 de xullo en horario de 10 a 12 da mañá. Aqueles que non o recollan agora, poden facelo en setembro.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Desde hoxe están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, na entrada do edificio grande, as listaxes provisionais das axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar. 

Teñen dous días  para realizar calquer reclamación. xoves 8 e venres 9)

Distribuir contido