AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24
Aberto o prazo para a solicitude de axudas para compra de libros de texto en 1º e 2º, para a participación no fondo solidario de libros e para a compra material de material escolar.
Orde 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio).
As familias podrán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, ben por vía electronica ou no centro educativo. Presentarán unha solicitude independentemente do numero de fillos que teña escolarizado no centro.
Axudas material bono de 75 € para familias con renda inferior a 6000 € de renda per capita e de 60 € para o tramo entre 6000 € e 10000 €.
Axudas para libros de texto de 1º e 2º: Bono de 240 € para familias con renda inferior a 6000 € e de 160 € para o tramo de 6000 € a 10000 € (alumnado de Ed. Especial ou con minusvalia igual ou maior do 65% é de 300 €)
Fondo solidario, para alumnado de 3º e 4º: familias con renda inferior a 6000 € teñen dereito ata 6 libros e as do tramo 6000-10000 € a 4 libros. O alumnado de 5º e 6º está integrado no programa e-dixgal de libros electrónicos.
Os datos da renda son os referidos ao exercicio fiscal do ano 2021, recadros 435 e 460; de non presentar declaración seran os datos facilitados pola Axencia Tributaria.
Os datos da unidade familiar son os da situación familiar a 31 de decembro de 2021.