AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Recordar que o prazo de entrega é ata o 23 de xuño. Os alumnos de 6º teñen que entregalo no IES onde van realizar os estudos o vindeiro curso.

Pinchando aqui acceden a páxina da Xunta, Teñen a convocatoria do DOG completa e poden descargar o impreso de solicitude de axuda.

Adxuntamos a nota que enviamos desde o centro pinchando aquí.