CONVOCATORIA ELECTORAL-CALENDARIO ELECTORAL

Comeza o proceso de renovación da renovación de membros do Consello Escolar, no documento adxunto atoparán completa a convocatoria (representates pais...) Os candidatos serán elexidos por un período  de 3 anos (tocaba realizar estas eleccións o curso pasado pero suspenderonse pola pandemia). No sector dos pais hai que renovar 2 membros dos 5 (outromais será designado pola ANPA e continúan outros 2). No sector de profesores cumpre renovar 3, admais do representante do concello e do persoal de administración e servizos. 

Resumo das datas mais importantes:
Exposición censo electoral do día 5 ata o 16 de novembro. Está no taboleiro de anuncios na entrada do edificio principal. Poden realizar reclamacións en caso de non estar ata o día 16.

Presentación candidaturas: do 8 ao 15 de novembro (inclusives). Día 16 proclamación provisional destas e abrese un período de dous días para a presentación de reclamación a estas e o dia 18 proclamación definitiva. Nos arquivos adxuntos teñen o modelo para presentar as candidaturas que se realizarán na secretaría do centro.

Eleccións o luns 22 de novembro pola tarde.

Documentación adxunta: a Resolución do DOG das eleccións, a convocatoria completa de eleccións, o calendario da imaxe e o modelo de cadidatura.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

SORTEO CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 29 de setembro de 2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • O Director ou directora do Centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores 3, ás 10'00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

SEGURO ORDENADORES EDIXGAL

Pinchando  aquí deixamos unhas instruccións sobre o seguro do portatil edixgal de 5º. O horario de atención é de  8 da mañá a 6 da tarde

PROGRAMAS ARCO E PROA+

ARCO: Apoio, Reforzo, Cooperación e Orientación    PROA: Programa de Recuperación, Orientación e Apoio. Mais información picando.

Esta semana comezaron a funcionar os programas ARCO E PROA+ coa incorporación de 2 profesoras ao centro para ofrecer apoio a alumnado de 4º e 5º no caso de ARCO e a 6º no caso de PROA+. Estas profesoras están contratadas a media xornada e no caso da profesora de ARCO estará durante este 1º trimestre, mentres que a de PROA+ esará durante todo o curso. 

Estes programas están incluídos dentro do Plan Recupera da Consellería de Educación e financiados polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación.

                       

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 21/22

Este curso hai que ter en conta as seguintes datas:

En outubro o luns 11 non hai clase (Día do Ensino), En decembro non hai ponte noa Constitución (luns) e Inmaculada (mércores).

En xaneiro as clases as retomamos o luns día 10. O entroido será  28 de febreiro, 1 e 2 de marzo (luns, martes e mércores. A semana Santa é a mediados de abril.

Os centros de primaria e infantil da localidade eliximos como festivo o luns 16 de maio (o martes 17 é o día das Letras galegas).

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 21/22

AVISO ANPA - COMEDOR

Benqueridas familias, 


Temos que informarvos de que a lista do comedor queda pechada temporalmente, porque xa chegamos ó cupo permitido. Este ano, temos que acondicionar un espazo mais que o ano pasado, xa que ós luns dóbrase o número de nenos e as restricións séguense a facer segundo o protocolo vixente e sempre pensando na seguridade de todos. 
 
Polo tanto, haberá 2 comedores activos sempre, é un terceiro a maiores que funcionará só os luns. Repartiranse os nenos por cursos para que non se mezclen, igual que se fai nos recreos, e manteranse os mesmos sitios fixos de tódolos nenos, por se houbera algún brote poder localizalo fácilmente. 
 
O haber 3 espazos, ten que haber 3 monitoras. E tanto o Concello como o Colexio están a facer un grande esforzo para que poidamos conciliar a nosa vida laboral ca dos nosos pequenos. E de agradecer a todos eles o seu interese polo ben común. 
 
Tamén temos que destacar, que como este ano non se poderá acceder á Biblioteca, todos aqueles nenos que o precisen poderan dispor de unha monitora do Concello dende que acaba o comedor ata as 16.45h. Si necesitades este servicio a maiores, debedes comunicalo como sempre, por correo electrónico ou ó teléfono da Anpa.
 
Saúdos cordiais,

INCIO CURSO 21/22: NORMAS E ORGANIZACIÓN

Continuamos co desenvolvemento do protocolo covid na mesma liña que o curso pasado. Adxuntamos  como documento adxuntoa circular de inicio de curso que enviamos tamén en papel a través do alumnado  e na seguinte infografía poden ver un resumo destas  picando en cada unha das palabras dos círculos.

TITORÍAS CURSO 21-22

PRIMEIRO

SEGUNDO

A

Marisa López Losada 

A

Iria Romay Pérez

B

María Regos Fariña

B

Diana Crujeiras Fernández

TERCEIRO

CUARTO

A

Mireia Gregori Arias

A

Irene Pose Paz

B

Sabela Hermo Pérez

B

Mª Josefina Pacheco Etchevers

QUINTO

SEXTO

A

Rosalía Álvarez Vidal

A

Silvia Rodríguez Dorribo

B

Genoveva Hermo Santos

B

Rosario Varela Fernández

C

Juan José Varela Álvarez

C

Jorge Guerrica-Echevarría Sancho

 

INGLÉS

Daniela Martínez Somoza

Estíbaliz Urizar Rodríguez

1º, 2º, 3º

Mª Angela Ayaso Monteagudo

4º-6º

E. FÍSICA

José Delgado Marco

5º, 6º

Covadonga Rocho Piniella

1º, 2º , 3º  4º

MÚSICA

Mª Jesús Gómez Pedreira

 

     

RELIXIÓN

Francisco Mareque León 

 

 

 

LISTAS MATERIAL

Deixamos as listas de material escolar que pasaron as titoras e titores.

INICIO CURSO 2021-22

As clases comezarán o vindeiro xoves día 9 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.

Como no curso pasado seguimos oo protocolo covid e a entrada será escalonada, conforme vaia chegando o alumnado do transporte irá accedendo as aulas. Igualmente para os que veñen andando, os pais non entrarán no recinto escolar, non fai falta que veñan con moita antelación á hora de entrada. O alumnado de 2º, 4º e 6º están na mesma aula que no curso pasado, os que van para 3º e 5º estarán profesores na entrada do edificio principal para indicarlles a aula que lles corresponde. Os grupos de alumnado son iguais que o curso pasado, soamente cambia si hai algún alumno que é novo ou repite.

No caso de 1º nivel, a maioría veñen cos pais ou nais, polo que a entrada será ás 9:30 h. (excepto se teñen que vir en bus e están sós, que xa nos faremos cargo nós cando entren no recinto escolar). Recibiermos a alumnos e pais/nais no pavillón, distribuiremos aos nenos na aula que lles corresponde e faremos unha pequena reunión co profesorado que lles imparte clase.

Este curso houbo renovación da ANPA. Están traballando para que  o servizo de  Madruga e Comedor poida funcionar dende o mesmo día 9 de septembro.  O Concello farase cargo deste servizo de Conciliación  e pon á nosa disposición as monitoras ó igual que o ano anterior. 

As familias que van precisar estes servizos dende o primeiro día de clase urxe que avisen a ANPA ben enviando un correo a anpabandaseca@gmail.com ou whatsapp ao 634964175. É  prioritario e saber que nenos e nenas veñen o día 9 e 10.

Para calquer dúbida, o número de teléfono da ANPA é  634964175

Distribuir contido