INICIO CURSO 2021-22

As clases comezarán o vindeiro xoves día 9 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.

Como no curso pasado seguimos oo protocolo covid e a entrada será escalonada, conforme vaia chegando o alumnado do transporte irá accedendo as aulas. Igualmente para os que veñen andando, os pais non entrarán no recinto escolar, non fai falta que veñan con moita antelación á hora de entrada. O alumnado de 2º, 4º e 6º están na mesma aula que no curso pasado, os que van para 3º e 5º estarán profesores na entrada do edificio principal para indicarlles a aula que lles corresponde. Os grupos de alumnado son iguais que o curso pasado, soamente cambia si hai algún alumno que é novo ou repite.

No caso de 1º nivel, a maioría veñen cos pais ou nais, polo que a entrada será ás 9:30 h. (excepto se teñen que vir en bus e están sós, que xa nos faremos cargo nós cando entren no recinto escolar). Recibiermos a alumnos e pais/nais no pavillón, distribuiremos aos nenos na aula que lles corresponde e faremos unha pequena reunión co profesorado que lles imparte clase.

Este curso houbo renovación da ANPA. Están traballando para que  o servizo de  Madruga e Comedor poida funcionar dende o mesmo día 9 de septembro.  O Concello farase cargo deste servizo de Conciliación  e pon á nosa disposición as monitoras ó igual que o ano anterior. 

As familias que van precisar estes servizos dende o primeiro día de clase urxe que avisen a ANPA ben enviando un correo a anpabandaseca@gmail.com ou whatsapp ao 634964175. É  prioritario e saber que nenos e nenas veñen o día 9 e 10.

Para calquer dúbida, o número de teléfono da ANPA é  634964175