RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

SORTEO CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 29 de setembro de 2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • O Director ou directora do Centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores 3, ás 10'00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.