CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

2º Curso

O MAPA DO MUNDO

Hoxe 1º e 2º Curso estivemos todos xuntos construíndo un mapa do mundo. Primeiro preparamos na clase o noso traballo. Os nenos e nenas de 1º ocupáronse de buscar información de América e Europa, e os de 2º buscamos cousas de Asía, Oceanía, África e Antártida. Decir que as nosas familias tamén nos axudaron a buscar cousas interesantes dos continentes.

Despois todos xuntos montamos o noso mapa do mundo. Quedou impresionante!

 

Saída ao Pego e as fontes do Brosque e do Cotro

O alumnado de 1º e 2º curso fixemos unha enorme camiñada polo entorno. Fomos ver o río Pego e as fontes do Cotro e do Brosque. 
Tiveron unha sorpresa moi grande pois antes de saír chegoulles unha carta dunha ninfa da auga chamada Navia. Durante toda a viaxe foi deixando pistas. Atopáronas todiñas e aprenderon moito das fontes e dos ríos. Tamén lle prometeron a ninfa Navia que ían converterse na patrulla da auga para protexer sempre os nosos ríos e fontes.

2º sae a plantar!

Como se nota a primavera! Desta vez os que saíron a plantar foron os nenos e nenas de 2º curso. Plantaron sementes de planta ornamental para encher o noso colexio de flores e cor.

Reutilizamos botes de iogur para plantar petunias, raíña margarida e cinias.

 

A NOSA COLLEITA DE PATACAS

Os nenos e nenas de 2º plantamos a nosa pequena hortiña de patacas. Esta semana tocou sacalas e cociñalas. Todos axudamos e participamos. Estaban boísimas!

SAÍDA AO CINE A VIGO

Fomos ao Centro Comercial da PLaza Elíptica en Vigo para ver unha película. Os nenos e nenas de 1º Ciclo estivemos no cine para ver a ver "Os Croods". Despois no parque da feira de Tomiño xogamos e comemos.

 

OS ANIMAIS

Os nenos e nenas de 2º aprendemos moitísimas cousas importantes sobre os animais, e para ensinarllo aos nosos compañeiros fixemos este supermural:

Animais en vivo

Durante o segundo trimestre do curso os alumnos e alumnas de segundo estivemos a aprender moito sobre os animais.

E rematamos o trimestre cunha presentación de animais feita por nós mesmos.

Demostramos todo o que coñecemos deles, e coñecimos mascotas das nosas compañeiras e compañeiros.

Todos coñecedes os cans, os coellos, as tartarugas... pero, sabedes o que é unha pogona? Estade atentos ás fotos.

A casa de cartón

Tódol@s nen@s de 2º lemos un libro que se titula "A casa de cartón", gustounos tanto que decidimos imitar a súa protagonista: Collemos unha caixa de zapatos e fixemos unha casiña de cartón. Como tíñamos tantas e eran tan bonitas decidimos facer unha cidade enteira.

Verdade que quedou unha cidade fermosísima?

 

 

 

@S NEN@S DE 2º NA HORTA

Os nen@s de segundo estivemos estudando as plantas, e non hai mellor forma de aprender que a través da experiencia. Por iso na horta escolar eleximos unha pequena parcela na que estivemos plantando rabaniños. Como bos agricultores que somos primeiro preparamos o terreo, cavando ben fondo para airear e pasando despois o anciño para alisar. Todos traballamos un pouquiño e pasámolo moi ben. Agora teremos que regar tódolos días.

 

 

 

A CARREIRA ESPACIAL CHEGA AO NOSO COLEXIO

Este ano o proxecto do Equipo de Normalización Lingüística do centro desenrolará o tema "O Universo". Os nenos e nenas de 2º xa empezamos a entrar no tema, e coa axuda da casa fixemos  este mural co noso universo particular. Temos naves para tódolos gustos e de tódolos tamaños.
Distribuir contido