Venres de Entroido no Caselles, venres de desfile, e este ano acompañados polo sol e a calor.
A festa do Entroido xa empezou o xoves coa degustación de postres do certame gastronómico.
O venres todas as clases prepararon os seus disfraces e arredor das once demos comezo o noso desfile. Este ano o tema central foi a prehistoria, para ir entrando xa no tema estrela deste curso: Arte rupestre e mitoloxía galega.
Ante numeroso público desfilaron ata a praza do Seixo os trogloditas de 1º, os cazadores e cazadoras de 2º, os castros de 3º, arqueólogos e arqueólogas de 4º, recolectores e recolectoras de 5º e os druídas de 6º. Para ver tódalas imaxes preme na foto.
Agradecer a todas as familias a súa colaboración nesta celebración.