CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

SAÍDA CINE SUBMARINO - NATURNOVA

O pasado Mércores 25 de novembro os alumnos/as de 6º fixemos unha saída didáctica a  Vigo. Foi unha mañá pasada por auga, pero pasámolo moi ben. Primeiro estivemos en Naturnova visitando as súas salas de exposición e investigando para cubrir unha ficha. Tamén tivemos oportunidade de facer unha viaxe simulada polo fondo da ría de Vigo. Logo seguimos polo fondo do mar ao sumerxirnos nun documental que proxectaron no teatro Caixanova. Cando pensamos saír á superficie do medio acuático, oooooooh! que sorpresa , seguiamos baixo a auga, que nos acompañou durante toda a mañá.