Recentemente os alumnos de 6º participaron nun aula sobre arqueoloxía que impartiu Jose Valtierra no CEDAM do Museo Quiñones de León, en Vigo.
Alí aprenderon aspectos xerais sobre a cultura castrexa, a romanización ou a vida na época pre-romana, e realizaron simulación das actividades dos arqueólogos cando excavan e interpretan xacementos.
Esta visita foi o primeiro paso da actividade que para este curso estamos a preparar no colexio. Pronto terán que demostrar aquí o que aprenderon con Valti.