CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

TAREFAS LUNS 1 XUÑO

Boas!

Xa estamos entrando, de cheo, na recta final de curso!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 11 (Galego). Páxinas 24, 25 e 26.

Na páxina 24, na última frase pór raias de separación para copiar, logo, a oración.

Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán na páxina 25: ordenador ou pórtatil- mesa - xoaniña - ovella- man - paxariño- escada- armario- pirata e mesa

Nas oracións da páxina 26 hai que procurar que se refiran á propia imaxe.

 

  • Matemáticas. En formato PDF: Clic AQUÍ.

Non é preciso imprimir. Para facela de forma interactiva, clic AQUÍ. OLLO! Se se fai interactivo, hai dúas páxinas. Co cal, só hai que facer a primeira páxina: os problemas. Deixades sen facer a  segunda páxina e baixades e dádelle clic a TERMINADO, para o seu envío. A segunda páxina é para realizar o vindeiro mércores.

Na actividade interactiva de MATEMÁTICAS tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Bo día!

TAREFAS LUNS, 1 DE XUÑO

Bo día!Que tal?

Hoxe dámoslle a benvida a xuño, o último mes de cole e despois a desfrutar das merecidísimas vacacións de verán!Risa Así que, con moitas gañas e as pilas cargadísimas da fin de semana, comezamos!!!!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Ciencias Sociais!!

En Matemáticas imos repasar varios contidos.  En primeiro lugar, tedes dous problemas relacionados co tema do Diñeiro.  Ademais, ides repasar as multiplicacións (por 10,100 e 1.000), doble e triple e divisións exactas e inexactas. Por se alguén non se acorda dalgún destos contidos, a continuación deixámosvos uns pequenos apuntes!!

Como hallar o doble e triple?

 

Que son as divisións exactas e inexactas?

Nunha división exacta o resto é igual a 0.

Nunha división inexacta o resto é distinto de 0.

Unha vez recordado isto, debedes facer os seguintes exercicios.

 

Ó rematar Matemáticas, imos centrarnos en Ciencias Sociais. Neste caso, imos ver: Que é a hidrosfera, en que estados se encontra a auga da terra? e  onde podemos encontrar dita auga?

Simplemente, debedes ler a páxina que se vos indica. Pero antes de realizar a lectura recomendámosvos ver o seguinte vídeo.

  

E xa, por último, como hoxe tedes pouquiñas tarefas propoñémosvos dous xogos:

XOGO 1: a través deste xogo repasaredes as táboas de xeito divertido. Antes de comezar seleccionades todas as táboas ata o 10, a ver se conseguides os 10 puntos!!

XOGO 2: clicando aquí, accededes a un xogo de ortografía  no que se repasa za, zo, zu, ce, ci, que e qui. Para comezar tedes que clicar sobre "Iniciar presentación". É moi sinxelo, pensade ben antes de completalo e xa nos diredes a ver se conseguistes non ter ningún erro!

E ata aquí, o traballo por hoxe!!

Recordade enviarnos, aqueles que aínda non o fixestes, as vosas criaturas fantásticas. As que recibimos, polo momento, son xenias!Estamos desexando presentárvolas!!

FELIZ LUNS!

PT: figuras xeométricas e xogos de gramática

* Figuras xeométricas de mundo primaria.

* Xogos de gramática de mundo primaria.

AL: Palabras Polisémicas

* Frases con palabras polisémicas de África Herrera Fernández.

Identificamos e aprendemos palabras polisémicas de Lola García Cucalón para ARASAAC

* Actividades de  palabras polisémicas de Orientación en Andújar.

* Palabras polisémicas de Orientación en Andújar.

Ficha autocorrección 4º

Good morning!

Déixovos a ficha de autocorrección de 4º.

 

Have a nice weekend!

 

Marga

 

 

Actividades de inglés

Bos días.

Envio a ficha de AUTOCORRECCIÓN desta semana para CUARTO.

Saúdos.

Lola.

Actividades de inglés

Bos días.

Envio a ficha de AUTOCORRECCIÓN desta semana para TERCEIRO.

Saúdos.

Lola.

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Ides facer un decorado para obra de teatro.

Pinchar en teatro.

4B remata o proxecto son de Tomiño, á beira do Miño

A proposta de hoxe é que dedes a vosa opinión e escribades que lle falta a Tomiño para ser o lugar perfecto para vivir, que se podería mellorar e cómo se poderían conseguir esas cousas. 

 

Tamén vos deixo o enlace para que xoguedes ao kahoot sobre o proxecto que fixen coas vosas preguntas. Podedes xogar sen ter que descargar a aplicación. Só teredes que meter o código que vos aparece e entrar en kahoot.it

 

 

https://create.kahoot.it/share/proxecto-tomino/904b0e17-8701-4476-8749-8e00e9eb8aaa

Distribuir contido