Nos cursos de 4º de E.I., 5º E.I. e 1º E.P. habendo máis solicitudes que prazas é preciso baramar. Por este motivo, informamos de que seguindo a lexislación vixente que regula o procedemento de admisión, a documentación e os prazos para poder presentala, son os seguintes:
DOCUMENTACIÓN PARA O PROCESO DE BAREMO
A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados. Soamente é preciso que a presenten as familias que non o fixeron xa no momento da presentación da solicitude de matricula.
PRAZO
O prazo de presentación é de 10 días hábiles dende os 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicites de admisión. Polo que poden presentalas dende o día 25 ata o 9 de abril, ambos inclusive.
Dende o centro nos poñeremos en contacto coas familias das que precisamos presenten documentación para a baremación.
--------------------------------------------------------------------------------------------
NORMATIVA REGULADORA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- Prazo de presentación de solicitudes: 1-22 DE MARZO (ambos inclusive)
- Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados, no caso de haber mais solicitudes que prazas ofertadas será de 10 días hábiles dende os 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicites de admisión. Tamén teñen a opción de achegala á solicitude de admisión.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles.
- Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
- O alumnado admitido no centro poderá formalización a súa inscrición do 20 A0 30 DE XUÑO.
A directora, Paula Díaz Gato.