Seguindo o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 dos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021, na súa versión 04/11/2020 publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicamos a versión 3.0 do Plan de Adaptación do noso centro.
As modificacións con respecto á versión 2.0 para axilizar a súa lectura son as seguintes:
- Punto número 11: "Comunicación de incidencias por parte do centro"
- Punto número 31: "Horarios de entradas e saídas" (só afecta a etapa de educación infantil)
- Punto número 28: "Modelo de auto enquisa"
Preme na imaxe para poder acceder ao documento.
A directora,
Paula Díaz Gato