Skip to Content

A aventura comeza de novo!

Estamos desexando recibirvos peques! 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Prezadas familias:

 

Premen na imaxe para acceder aos horarios das reunións de titorías. As aulas nas que hai dúas quendas seguiremos orde de lista alfabética. Cada titora/o informará hoxe mediante unha circular en que grupo está cada familia.

 

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS EDUCACIÓN INFANTIL

Prezadas familias: 

Seguindo a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 na nosa Comunidade Autónoma, as clases darán comezo o xoves 9 de setembro.

 As entrada e saídas do alumnado de educación infantil serán pola porta do xardín, na seguinte orde e horario:

 

 

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias: 

Seguindo a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 na nosa Comunidade Autónoma, as clases darán comezo o xoves 9 de setembro.

 As entrada e saídas do alumnado de educación primaria serán pola porta do patio, na seguinte orde e horario:

 

 

 

 

GUÍA PARA AS FAMILIAS SOBRE O PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Preazadas familias:

Aquí encontrarán as medidas máis relevantes de adaptación e organización do noso centro á situación Covid-19.

Premen na imáxe para ver a presentación.

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

Prezadas familias:

Publicamos o Plan de adaptación ao contexto Covid-19 tras a súa presentación en Claustro e Consello Escolar no día de hoxe. 

Premen na imáxe para poder acceder.

  

LISTAXES DE MATERIAL

 

 

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODERÁN DESCARGAR AS LISTAXES DE MATERIAL

REUNIÓN FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Tal e como informamos por medio do correo electrónico enviado no mes de agosto a todas as familias matriculadas no curso de 4º de educación infantil para o presente curso escolar 2021-2022, as datas e horario das 3 quedas convocadas con motivo da reunión de 4º de educación infantil son as seguintes:

 

A reunión realizarase na aula de 4º de educación infantil respectando todas as medidas recollidas no Plan de adaptación á situación Covid-19.

 

A directora, Paula Díaz Gato.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DE VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL E OS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

 

 

HORARIO DE ENTREGA DE VALES E LIBROS DO FONDO SOLIDARIO 

As familias beneficiarias do vale para adquisición de libros de texto e material escolar, así coma do fondo solidario de libros de texto que non pasaran a recollelos no mes de xullo, poden acceder ao centro no seguinte horario:

XOVES 2

VENRES 3

LUNS 6

MARTES 7

MÉRCORES 8

 

9.00-13.00

 

PDI "Coñecendo a ruta dos faros"

ALERTA! GOLFI TEN ALGO QUE CONTARVOS

Vistes no blog da biblio o resumo do voso traballo de investigación do PDI “Descubrindo a ruta dos faros”?

BIBLIOGOLFI

 

Que gran traballo! Parabéns! 

Se queredes ensinar as vosas familias todo o proceso deste traballo de investigación, aquí na páxina web, na barra lateral dereita, tedes os vídeos nos que se resumen todas as fases do PDI.

E con este vídeo do produto final, despedimos un ano diferente, atípico pero no que estivemos máis unidos que nunca.

 

Grazas peques, familias, mestres pola vosa implicación e colaboración.  

 

FELIZ VERÁN!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut