Preme no enlace para consultar a normativa:
NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO
- O proceso de admisión que da comezo no día de mañá é soamente para a realización de solicitude nos centros adscritos a cada CEIP. No noso caso, o centro adscrito é o IES Ramón Menéndez Pidal- Zalaeta.
- Todas as familias interesadas en realizar o proceso de solicitude de praza no IES Ramón Menéndez Pidal poderán realizalo a partires de mañá 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro, ambos inclusive.
- A solicitude poderá presentarse de acordo con algunha das opcións existentes no seguinte enlace:
- No caso de elixir a opción de entrega no centro de orixe (o noso centro), poden facela na secretaría (solicitando cita previa por correo electrónico á dirección: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal)
- Se queren unha copia do formulario normalizado poden solicitala chamando ao número de teléfono do centro: 981-21-17-47 e se fará entrega do mesmo a alumna/o.
Poden consultar a páxina da Consellería para máis información. Premen no seguinte enlace:
PAXINA CONSELLERÍA ADMISIÓN ALUMNADO
Para calquera dúbida ou consulta quedamos á súa disposición vía telefónica ou a través do correo electrónico.
A directora,
Paula Díaz Gato.