Segundo a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.
Poden consultar a Orde premen no seguinte enlace:
DESTINATARIOS:
- Para o fondo solidario de libros de texto:
- Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.
O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), como é o caso do noso centro nos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.
- Para as axudas de adquisición de libros de texto:
- Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).
- Para as axudas de adquisición de material escolar:
- Todo o alumnado de educación primaria.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
O formulario que deben de cubrir son os ANEXOS I (solicitude) e II (autorización dos membros da unidade familiar agás o solicitante), que encontrarán premen neste enlace:
ANEXO I E ANEXO II
Ou a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Estes documentos é preciso que vaian acompañados da seguinte documentación complementaria:
- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a setenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.
Unha vez cubertos os anexos, poden presentalos a través de:
- Sede electrónica da Xunta:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=gl
IMPORTANTE:
- Os documentos ANEXO I e ANEXO II é importante que estean correctamente asinados.
- No caso concreto do ANEXO II, é importante ter en conta:
- Que se refire ao exercicio fiscal 2019. Así como tamén, que se refire a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás o relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.
- No caso de que se opoñan á consulta, deberán acompañar o ANEXO con:
- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
- Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez.
- Para a declaración do imposto sobre as persas físicas ou, en falta deste. O certificado de atribución de imputacións do exercicio 2019.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 (ambos inclusive)
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OUTROS PRAZOS:
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DE 3º E 4º DO PRESENTE CURSO ESCOLAR:
- A data límite é: 22/06/2021
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:
- A reclamación ás listaxes provisionais poderase realizar 2 días seguintes á publicación.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS:
ENTREGA DOS LIBROS DO CURSO 2021/2022 AO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
- A partir do 1 de setembro de 2021. Comunicarase a través da páxina web do centro e vía abalarmóbil.
USO DO VALES NAS LIBRERÍAS E DEMAIS ESTABLECEMENTOS
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INFORMACIÓN SOBRE RENDA PER CÁPITA PARA CUMPRIMENTAR AS SOLICITUDES
|
RENDA PER CÁPITA FAMILIAR
|
CALQUERA RENDA PER CÁPITA
|
|
≤6.000€
|
> 6.000 e
≤ 10.000€
|
≤ 6.000€
|
Discapacidade ≥65%
|
Educación especial
|
|
|
|
LIBROS DE TEXTO
|
MATERIAL
|
LIBROS DE TEXTO
|
MATERIAL
|
LIBROS
|
MATERIAL
|
1º e 2º EP
|
210€
|
140€
|
50€
|
275€
|
50€
|
275€
|
50€
|
3º E 4º EP
|
Fondo: 6 libros
|
Fondo: 4 libros
|
Fondo: 6 libros ou 275€
|
ALUMNADO NEAE
|
210€
|
140€
|
Calculo da renda per cápita da unidade familiar:
-Renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 dividido entre o número de membros computables.
- Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual o superior ao 33%.
- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Deben de sumar os recadro 435 (base impoñible xeral) e o recadro 460 (base impoñible do aforo).
- Cando non se presente o exercicio fiscal terase en conta os datos do certificado de imputacións da renda, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Contan como membros computables da unidade familiar:
- Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
- Os/as fillos/as menores de idade agás os emancipados.
- Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
- A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada cando haxa custodia compartida.
- A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.
A directora, Paula Díaz Gato.