Skip to Content

A CIENCIA QUE PESA

Presentamos unha nova sección na web, "A ciencia que pesa".  Aquí encontraredes as nosas experiencias como pequenas/os científicas/os. 

 

 

VENTOS DE PAZ NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Esperamos que os nosos ventos de PAZ cheguen tan lonxe como as nosas ganas de soñar e de voar. 

 

 

 

Canción: Nil Moliner - "Libertad"

Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Este curso participamos na rede de centros que forman parte do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Este Plan pretende potenciar as actuacións preventivas en relación cos riscos aos que se ven sometidos os menores con respecto ao uso de internet e novas tecnoloxías. A súa vez, traballan activamente na prevención da delincuencia, así coma cuestións en materia de acoso escolar e violencia sobre a muller. 

Esta semana no noso centro realizáronse as charlas impartidas por un responsable do Corpo Nacional de Policía, nas que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria puido plantexar todas as súas dúbidas e escoitar a importancia da prevención sobre o uso das novas tecnolóxias, o acoso escolar e a violencia sobre a muller.

 

O martes día 18 de xaneiro a persoa responsable do Corpo Nacional de Policía realizará unha charla destinadas ás familias nas que se tratarán temas como: control parental, responsabilidade no uso das redes sociais e importancia da supervisión na rede. Nela poderedes plantexar todas as dúbidas que teñades.

A charla terá unha duración aproximada de 2 horas; dará comezo ás 16.00. Recibiredes unha notificación vía "AbalarMóbil" co enlace para conectarvos a través de Webex.

 

 

 

 

GUÍA XOGANDO EN IGUALDADE

 

A ANPA do noso centro presentou o pasado curso un proxecto para participar na solicitude de axudas económicas ás ANPAS destinadas á "promoción da igualdade entre homes e mulleres, e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres"

 

Esa axuda foi concedida e o proxecto iniciou a súa marcha a través duns talleres titulados "xogando en igualdade". Tras a realización dos mesmos, a empresa Rexenerando, encargada de impartir os mesmos, elaborou grazas as aportacións do alumnado, familias e claustro de mestres, unha guía titulada "Xogando en igualdade". Tras a presentación pública desta guía, cada alumna/o levou para a casa un exemplar. Deixamos aquí a Guía para que a podades consultar cando precisedes. 

 

O centro continúa co proxecto de "Dinamización do patio", polo que o claustro de mestres está a realizar formación sobre "patios dinámicos".  

 

Acceso á guía: 

 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

 

 

 Preme no enlace para consultar a normativa: 

 

NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO

  • O proceso de admisión que da comezo no día de mañá é soamente para a realización de solicitude nos centros adscritos a cada CEIP. No noso caso, o centro adscrito é o IES Ramón Menéndez Pidal- Zalaeta. 

 

  • Todas as familias interesadas en realizar o proceso de solicitude de praza no IES Ramón Menéndez Pidal poderán realizalo a partires de mañá 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro, ambos inclusive. 

 

  • A solicitude poderá presentarse de acordo con algunha das opcións existentes no seguinte enlace: 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • No caso de elixir a opción de entrega no centro de orixe (o noso centro), poden facela na secretaría (solicitando cita previa por correo electrónico á dirección: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal)

 

  • Se queren unha copia do formulario normalizado poden solicitala chamando ao número de teléfono do centro: 981-21-17-47 e se fará entrega do mesmo a alumna/o. 

 FORMULARIO CASTELÁN

FORMULARIO GALEGO

Poden consultar a páxina da Consellería para máis información. Premen no seguinte enlace:

PAXINA CONSELLERÍA ADMISIÓN ALUMNADO 

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á súa disposición vía telefónica ou a través do correo electrónico. 

A directora, 

Paula Díaz Gato.

 

A AVENTURA COMEZA DE NOVO!

Un ano mais Golfi trae novidades... ATENCIÓN!

 

25 N - A NOSA APORTACIÓN AO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

"TODOS SOMOS FOLLAS DO MESMO SOUTO, PEIXES DO MESMO MAR"

Eleccións Consello Escolar

 

O luns, día 22 de novembro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, celébrase neste centro a votación para a elección de representantes de nais/pais/ titores legais do Consello Escolar do colexio.

Teñen dereito a votar todas as persoas que figuren no censo, aprobado pola Xunta Electoral e publicado no taboleiro interior do centro. 

O voto será directo, secreto e non delegable. As papeletas facilitaranse no centro.

Cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomes das persoas candidatas (a relación destas está publicada no taboleiro interior do centro) debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou similar.

A dirección deste colexio anima a todas/os a que participen na votación, como unha forma mais de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de nais, pais, titores legais no Consello Escolar.

DISTRIBUICIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Segundo o regulado na ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería, asi coma,  en centros privados concertados no curso 2010/22, (código de procedemento ED330E).

 

Os criterios de procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria son os seguintes:

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

  • O prazo para a presentación das mesmas é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da ORDE no DOG. Polo que será do luns 15 de novembro ata o venres 26 de novembro; ambos inclusive.
  • As solicitudes soamente se poden presentar de maneira presencial no centro. Para elo teredes que solicitar cita previa a través de:

 

                  - Número de teléfono do centro: 981-21-17-47

 

                -Correo electrónico do centro: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN:

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I que poderán descargar en arquivos adxuntos) a seguinte documentación:

 

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Poden descargala en arquivos adxuntos.
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar. 
  • Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e ou/convenio regular onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado de grao de discapacidade do/a alumno/a, ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Mais información:

SEDE ELECTRÓNICA

Distribuir contido


by Dr. Radut