Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL-ZALAETA PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN NOS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022 DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Seguindo a Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) informamos: 

 

  • O proceso de admisión que da comezo no día de hoxe é para a realización de solicitude nos centros adscritos a cada CEIP. No noso caso o centro adscrito é o IES Ramón Menéndez Pidal- Zalaeta. 

 

  • Todas as familias interesadas en realizar o proceso de solicitude de praza no IES Ramón Menéndez Pidal poderán realízalo a partires de hoxe 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro.

 

  • A solicitude poderá presentarse de acordo con algunha das opcións existentes no seguinte enlace: 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • No caso de elixir a opción de entrega no centro de orixe, poden facela na secretaría do noso centro (solicitando cita previa por correo electrónico á dirección do centro: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal)

 

  • Se queren unha copia do formulario normalizado poden solicitala chamando ao número de teléfono do centro: 981-21-17-47 e se fará entrega do mesmo á alumna/o. 

 FORMULARIO CASTELÁN

FORMULARIO GALEGO

Poden consultar a páxina da Consellería para máis información. Premen no seguinte enlace:

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

 

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á súa disposición vía telefónica ou por correo electrónico. 

A directora, 

Paula Díaz Gato.

 

 



page | by Dr. Radut