Dado que existen máis solicitudes que prazas na liña 3 do CEIP Xunqueira 2, estase a proceder ao seu baremo, baseándonos na Instrucción 1/2020 da Secraría Xeral Técnica da Consellería sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso 2020-2021.
Para a súa información, a orde de prelación é a seguinte:
- USUARIOS LEXÍTIMOS: Aqueles cuxo domicilio se atopa a máis de 2 km do centro escolar. Teñen dereito a praza sempre e cando fagan uso continuado do mesmo.
- USUARIOS EXCEPCIONAIS: Aqueles cuxo domicilio se atopa entre 1 e 2 Km de distancia ao centro escolar. Este servizo é EN PRECARIO, sempre que existan prazas vacantes, e non conleva dereito no futuro.
Criterios:
- Distancia do domicilio ao centro
- Ter irmáns/irmás no centro
- Discapacidade
- Menores en idade
NON SE CONTEMPLA ESTE DEREITO PARA DISTANCIAS MENORES DE 1 Km AO CENTRO.
En breve daremos a coñecer o resultado do baremo das solicitudes.
Moitas grazas.