Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Letras Galegas

Prezado/a director/a:

A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo.

As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas.

Agardamos que o proxecto sexa do seu interese e agradecemos a súa axuda na difusión.

 


Imaxe aleatoria

sogama

Último álbum

story | by Dr. Radut